Mércores. 17.04.2024
El tiempo

O Club Naútico de Camariñas, embaixada galega da Fundación Titanic

O Club Naútico de Camariñas, embaixada galega da Fundación Titanic
club-nautico-camarinas O Club Naútico de Camariñas albergará no seu salón social as maquetas do Titanic e do Juan Sebastián Elcano O Club Náutico de Camariñas foi recoñecido como Embaixada en Galicia da Fundación Ttitanic, o pasado día 23 de xuño, aproveitando a celebración da II Feira Náutica de Camariñas. Así, a embaixada galega vén de mostrar a súa alegría polo último premio que recibiu o presidente da Fundación Titanic - Jesús Ferreiro - no “Foro Internacional sobre Protección y Seguridad Marítima (Foro PBIP España 2018) celebrado no centro de seguridade marítima integral “Jovellanos”, por “toda unha vida dedicada a apoiar ao mundo do mar”. A propia Fundación Titanic emitiu o seguinte comunciado en relación co galardón outorgado ao seu Presidente: “Primero, y durante 25 años, a través de su programa "Onda Pesquera" (Cadena COPE, RNE y Cadena SER), fue el enlace entre la gente de la mar, sobre todo de los pescadores y sus familia, sirviendo además de "portavoz" de toda la gran familia marina para los medios de comunicación de todo el mundo.Jesús Ferreiro, actualmente presidente de la Fundación Titanic, vio reconocida su labor periodística con los mejores premios y reconocimientos profesionales, tanto a nivel nacional como internacional. Este importante Foro se celebró en el Centro Jovellanos de Salvamento Marítimo, con el apoyo y el aliento de: Parlamento Europeo, Comisión Europea, Gobiernos Europeos, Gobiernos de América, África y Asia, Gobierno de España. Comunidades Autónomas y otras Instituciones internacionales”. Ademáis, gracias ao coleccionista Juan Manuel Peña de A Coruña, que colaborou coa organización na 1ª e 2ª feira Náutica, o Club Náutico Camariñas albergará no seu salón social as maquetas do Titanic e do Juan Sebastián Elcano, de forma temporal e a través dun convenio co citado coleccionista. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios