Sábado. 07.12.2019
El tiempo

O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica

O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
Imaxe dunha das reunións do Comité de Empresa de Ferroatlántica coa Xunta O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reunirase cos representantes dos traballadores das plantas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría.

Un “deja vu”. Iso foi o que sentiron os representantes da CIG do Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee e Dumbría na reunión mantida onte, martes 20 de decembro, coa dirección da empresa en Madrid. A empresa sentou os representantes das centrais sindicais e dalgúns dos comités para soltarlles o discurso do plan industrial co que vén facendo propaganda nos medios de comunicacións dende hai un mes e que, a forza de repetir, pretende que os traballadores/as acepten e asuman.

Un Plan Industrial que non convence a ninguén: “Este plan, no que a empresa inclúe a fábrica de silicio solar de Sabón xa comprometida e un proxecto de planta de carbón vexetal (que xerará apenas 20 postos de traballo), non é tal cando os proxectos que presenta poñen en cuestión a viabilidade das fábricas de ferroaleacións de Cee e Dumbría e, a maiores, nin sequera contemplan pechar os ciclos produtivos integramente no noso país. Tal é caso do silicio solar, do que só faría a primeira parte do proceso industrial (indución) a pesar de ser extraída a materia prima na mina de Serrabal, tamén propiedade do Grupo Ferroatlántica”, denuncia a CIG.

”Desproporción entre o beneficio estimado e a inversión anunciada”

Dos datos achegados pola empresa nesta última reunión, o Comité estima que “a venda das centrais hidroeléctricas pode reportarlle ao Grupo Ferroatlántica uns beneficios de 500 ou 600 millóns de euros. Porén, o paquete de inversións que formula no período 2017-2021 sitúase nos 55 millóns de euros a repartir neses 5 anos. A este respecto cómpre destacar que a empresa non determinou, mais ten presente que poidan ser financiados tamén con cartos públicos”.

Por iso, valora que “a desproporción entre os millonarios beneficios estimados pola empresa coa venda das centrais e as inversións anunciadas resulta considerábel. Esta disparidade non pode menos que confirmar que estamos ante unha operación especulativa por parte do Grupo Villar Mir, para resolver os problemas financeiros das empresas do grupo relacionadas coa construción”.

A vantaxe das centrais

É sabido que as centrais hidroeléctricas é a xoia da coroa da empresa, e o recurso que máis valor ten. En todo caso, a empresa segue sen clarificar cal é a rendibilidade dos recursos naturais que explota en Galiza polas concesións hidroeléctricas e polas mineiras en Serrabal.

Nese sentido, dende a CIG reiteran que “calquera inversión que Ferroatlántica realice en Galiza, e nomeadamente na comarca da Costa da Morte, debe entenderse como a compensación ás achegas polo negocio da explotación dos nosos recursos naturais nestes 25 anos. Non cómpre esquecer que contar coas centrais hidroeléctricas permitiulle a Ferroatlántica expandirse e consolidarse na posición de vantaxe que actualmente ten no mercado internacional”.

”Un plan de reconversión e desmantelamento”

”Calquera proxecto que supoña a creación de postos de traballo é benvido, pero o plan industrial prometido por Ferroatlántica non pode ser sobre a base de vender as centrais hidroeléctricas, que significa descapitalizar e desmantelar os activos da empresa e na práctica facer deste plan industrial un verdadeiro plan de reconversión e desmantelamento das fábricas”, reiteran.

Novas concentracións

concentracion

Lembren que, ao igual que acontecía o pasado venres 16, estes vindeiros 23 e 30, toca concentrarse ás 18:30h diante da fábrica de Brens.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios