O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica


Un “deja vu”. Iso foi o que sentiron os representantes da CIG do Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee e Dumbría na reunión mantida onte, martes 20 de decembro, coa dirección da empresa en Madrid. A empresa sentou os representantes das centrais sindicais e dalgúns dos comités para soltarlles o discurso do plan industrial co que vén facendo propaganda nos medios de comunicacións dende hai un mes e que, a forza de repetir, pretende que os traballadores/as acepten e asuman.
Un Plan Industrial que non convence a ninguén: “Este plan, no que a empresa inclúe a fábrica de silicio solar de Sabón xa comprometida e un proxecto de planta de carbón vexetal (que xerará apenas 20 postos de traballo), non é tal cando os proxectos que presenta poñen en cuestión a viabilidade das fábricas de ferroaleacións de Cee e Dumbría e, a maiores, nin sequera contemplan pechar os ciclos produtivos integramente no noso país. Tal é caso do silicio solar, do que só faría a primeira parte do proceso industrial (indución) a pesar de ser extraída a materia prima na mina de Serrabal, tamén propiedade do Grupo Ferroatlántica”, denuncia a CIG.
”Desproporción entre o beneficio estimado e a inversión anunciada”
Dos datos achegados pola empresa nesta última reunión, o Comité estima que “a venda das centrais hidroeléctricas pode reportarlle ao Grupo Ferroatlántica uns beneficios de 500 ou 600 millóns de euros. Porén, o paquete de inversións que formula no período 2017-2021 sitúase nos 55 millóns de euros a repartir neses 5 anos. A este respecto cómpre destacar que a empresa non determinou, mais ten presente que poidan ser financiados tamén con cartos públicos”.
Por iso, valora que “a desproporción entre os millonarios beneficios estimados pola empresa coa venda das centrais e as inversións anunciadas resulta considerábel. Esta disparidade non pode menos que confirmar que estamos ante unha operación especulativa por parte do Grupo Villar Mir, para resolver os problemas financeiros das empresas do grupo relacionadas coa construción”.
A vantaxe das centrais
É sabido que as centrais hidroeléctricas é a xoia da coroa da empresa, e o recurso que máis valor ten. En todo caso, a empresa segue sen clarificar cal é a rendibilidade dos recursos naturais que explota en Galiza polas concesións hidroeléctricas e polas mineiras en Serrabal.
Nese sentido, dende a CIG reiteran que “calquera inversión que Ferroatlántica realice en Galiza, e nomeadamente na comarca da Costa da Morte, debe entenderse como a compensación ás achegas polo negocio da explotación dos nosos recursos naturais nestes 25 anos. Non cómpre esquecer que contar coas centrais hidroeléctricas permitiulle a Ferroatlántica expandirse e consolidarse na posición de vantaxe que actualmente ten no mercado internacional”.
”Un plan de reconversión e desmantelamento”
”Calquera proxecto que supoña a creación de postos de traballo é benvido, pero o plan industrial prometido por Ferroatlántica non pode ser sobre a base de vender as centrais hidroeléctricas, que significa descapitalizar e desmantelar os activos da empresa e na práctica facer deste plan industrial un verdadeiro plan de reconversión e desmantelamento das fábricas”, reiteran.
Novas concentracións

Lembren que, ao igual que acontecía o pasado venres 16, estes vindeiros 23 e 30, toca concentrarse ás 18:30h diante da fábrica de Brens.
Artigos relacionados
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)