Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica agradece o apoio social e asegura estar disposto a chegar ás últimas consecuencias

O Comité de Ferroatlántica agradece o apoio social e asegura estar disposto a chegar ás últimas consecuencias
O Comite de Empresa de Ferroatlantica liderando a marcha do pasado venres-Foto-Rafa Quintans O Comité de Empresa de Ferroatlántica liderando a marcha do pasado venres-Foto-Rafa Quintáns

Día de facer valoracións para o Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas. Un Comité que “agradece a alta participación e implicación da xente da comarca na manifestación do venres, así como a alta participacion e implicación da plantilla de persoal que secundou a folga e participaron nos piquetes informativos durante toda a xornada”. Dende o Comité destacan ademais que “foron moitas as mostras de apoio tanto institucionais (concellos e alcaldes) organizacións políticas e sobre todo as mostras de espontaneidade de todo tipo de asociacións, outros comités, autónomos, empresas (que nalgúns casos pecharon os establecementos durante a mesma) e que amosaron o apoio a reivindicación contra a venda das centrais e a non segregación de actividades”.

Entenden que o feito de que se multiplicase por catro a participación da concetración de novembro, é unha nova demostración da gran preocupación e concienciación de toda a bisbarra. Unha comarca que berra alto e claro “que está farta da explotación e do espolio dos seus recursos naturais e de que os beneficios xerados non revirtan na comarca”.

Nese sentido, o Comité esixe un verdadeiro plan industrial, que non se basee na venda das centrais, asegurando que “a única garantía dos postos de traballo é a vinculación de actividades”. Asegura ademais que está “disposta a chegar ás últimas consecuencias como no ano 92”.

Vindeiros pasos

O Comité reunirase nos próximos días para marcar o calendario de accións a seguir “se non se lle pon fin a esta campaña especulativa e de mentiras iniciada pola empresa”. Igualmente lembran que o Comité segue á espera da reunión co Conselleiro de Industria, para traballar conxuntamente e convencer á empresa de que “desista da venda das centrais e cumpra cos comprimisos de inversións necesarios para a viabilidade das nosas fábricas na comarca e no pais”.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios