O Comité de Ferroatlántica pide unha nova reunión coa Xunta e anuncia que volverá ás rúas


Tremeron os cimentos da Costa da Morte onte coa petición oficial de Ferroatlántica da segregación de actividades. E xa temos resposta do Comité de Empresa, que tras moitos meses en loita, ten que poñer de novo a pancarta nos dentes e saír ás rúas.
O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, matiñan esta mañá de venres 12 de maio unha reunión de urxencia, na que acordou “levar adiante todas as mobilizacións que sexan necesarias para esixir á Xunta de Galicia que, de xeito inmediato e contundente, desautorice a solicitude de segregación de actividades presentada formalmente no día de onte pola empresa.”
De feito, non descartan novas xornadas de folga (como a do pasado marzo) ou grandes manifestacións polas rúas de Santiago ou da comarca.
De igual xeito, o Comité vén de remitir un escrito ao conselleiro de Industria pedindo unha reunión urxente para coñecer que documentación achega a empresa e que actuacións vai realizar o departamento autonómico. No caso de que a Xunta e a Consellaría non respondan á petición nas próximas horas, o Comité porá ne marcha as medidas que sexan precisas para esixir do conselleiro que nos reciba.
”Novas mentiras da empresa”
Así mesmo, este Comité quere facer unha serie de consideración ao contido do comunicado enviado á prensa por Ferroatlántica. Cando di que “solicita o retorno ao estado orixinal das concesións”, lembran que “a concesión dos aproveitamentos hidráulicos estivo sempre vinculada á produción de ferroaliaxes. Volver ao estado orixinal sería recuperar os ríos como estaban hai 100 anos, sen saltos de auga e sen encoros”. Lembran tamén que “tanto o TSXG como o Tribunal Supremo ratificaron nas súas sentenzas a vinculación de ambas actividades”.
Doutra banda, deixan claro que “non é certo que a maioría sindical teña avalado o acordo sobre o proxecto industrial. Hai que subliñar que o 75% da representación sindical dos centros de traballo afectados directamente son contrarios a esta operación especulativa”. E lembran o a demostración do compromiso “do empresariado da comarca, os alcaldes, o comercio e o conxunto da sociedade da Costa da Morte na multitudinaria manifestación do pasado 10 de marzo.
Negocio vs emprego
O Comité aseguran que se trata dunha “operación especulativa”, na que “o que busca a empresa é facer negocio coa venda das centrais, pondo en risco a continuidade dos empregos e as factorías e obtendo uns recursos económicos que, en boa medida, irán a parar a Aurinka, a planta de silicio solar que Javier López Madrid (presidente de Ferroglobe e imputado na Operación Lezo e inmerso noutras causas xudiciais) impulsou en Puertollano”.
“A credibilidade do plan industrial de Ferroatlántica ten a mesma credibilidade que un personaxe como López Madrid, e constátase no incumprimento de calquera inversión e modernización nas fábricas -nin tan sequera se construíu o formo 23 en Dumbría-; estamos vendo as verdadeiras consecuencias que supón a fusión con Globe; e no incumprimento das inversións anunciadas en setembro de 2016 en FerroSolar. En modo algún é verdade que se vaian xerar os postos de traballo que manexa a empresa, pois no mellor dos casos estaríamos falando de 30 empregos”, explican.
A pelota, no tellado da Xunta
Despois de moito tempo de silencio, non lle queda outra á Xunta que manifestarse. En todo caso, o Comité lémbralle ao Goberno galego que “autorizar as pretensións do Grupo Villar Mir suporía unha ilegalide e sería unha decisión nula de pleno dereito”, como recolle o informe técnico-xurídico queencargaron á Universidade da Coruña. ”Este documento confirma que, de producirse un cambio das condicións orixinais das concesións, isto será motivo de caducidade das mesmas e polo tanto, deberán ser devoltas á administración”.
O BNG desmonta a Villar Mir
Con este vídeo o BNG quere sacar a faciana da realidade da explotación materias primas por parte das empresas do empresario imputado. Califican a actitude de Ferroglobe de “pelotazo” ao tempo que solicitan “a comparecencia de Feijóo no próximo pleno, e se fai falta convocar un pleno extraordinario que se convoque, porque están no aire 300 postos de traballo na Costa da Morte, e queremos saber se os empresarios investigados polo financiamento ilegal do PP van terminar por cobrarse a súa factura en Galiza”, indicou a portavoz nacional, Ana Pontón, en visita oficial en Tomiño.
En Marea advirte do "pelotazo"
Así mesmo, En Marea, que reuniu de maneira urxente o seu grupo de traballo sobre o asunto, advirte que Villar Mir "conseguirá un novo pelotazo en Ferroatlántica coa complicidadede Feijóo". Para En Marea "os supostos planos industriais que aduce Ferroglobe son unha cortina de fume para conseguir a aprobación de segregación, vender as dúas centrais e co diñeiro obtido en Galicia afrontar outros negocios fóra. Todo co consentimento da Xunta de Galicia e do seu presidente".Novas do #CasoFerroatlántica
- 12-05-17: Os socialistas esíxenlle á Xunta que impida a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 11-05-17: Ferroatlántica solicita a Augas de Galicia a segregación das actividades das fábricas de Cee e Dumbría.
- 11-05-17: O BNG reclámalle ao conselleiro de Industria unha reunión urxente cos traballodores de Ferroatlántica
- 07-05-17: Traballadores de Ferroatlántica visitan o #TramaBUS de Podemos
- 02-05-17: A precariedade e os postos de traballo de Ferroatlántica, protagonistas no Día do Traballo
- 30-04-17: A loita por Ferroatlántica centra a atención do Día do Traballador en Cee
- 16-04-17: A imputación de Villar Mir devolve o caso Ferroatlántica ao Parlamento
- 24-04-17: O BNG presiona a Feijóo para que paralice a venta das centrais de Ferroatlántica.
- 19-04-17: Malestar no Comité despois de que o director de Ferroatlántica responsabilizase aos traballadores do accidente
- 18-04-17: Tres traballadores de Ferroatlántica resultan feridos depois de incenciarse un forno na fábrica de Brens
- 05-04-17: O Comité de Empresa de Ferroatlántica reitera que non acudirá á reunión de hoxe convocada pola dirección
- 04-04-17: A CIG non asistirá á reunión convocada por Ferroatlántica por considerar que busca lexitimar a vendas das centrais
- 28-03-17: O Comité de Empresa de Ferroatlántica ve nas ameazas do presidente a “desesperación” da venta das centrais
- 24-03-17: O Comité de Ferroatlántica só falará coa Dirección cando renuncie á venda das centrais
- 17-03-17: O BNG pide que o goberno galego non acepte as “chantaxes” de Ferroatlántica.
- 14-03-17: O Comité de Ferroatlántica agradece o apoio social e asegura estar disposto a chegar ás últimas consecuencias
- 11-03-17: Demostración masiva de compromiso por Ferroatlántica.
- 10-03-17: Día de folga e manifestación por Ferroatlántica.
- 08-03-17: Un informe xurídico elaborado pola UDC avala que as actividades de Ferroatlántica non se poden segregar.
- 07-03-17: O comité de empresa recurre os servizos mínimos impostos por Ferroatlántica para a folga.
- 06-03-17: Os traballadores de Ferroatlántica chaman á cidadanía na semana da manifestación e da folga.
- 22-02-17: O caso Ferroatlántica volve ao pleno do Parlamento.
- 21-02-17: Os traballadores de Ferroaltántica volven a solicitar unha reunión co conselleiro de Economía
- 20-02-17: O Comité de Ferroatlántica avisa a Brookfield mentres Larrea segue presionando a través da prensa
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica.
- 15-02-17: O PSdeG presenta no Parlamento unha proposta non de lei para frear a venda de Ferroatlántica
- 14-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica non cren á Dirección e anuncian a folga
- 13-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica decidirán esta semana se van á folga.
- 10-02-17: O PSdG esixe á Xunta “transparencia e legalidade” no caso Ferroatlántica.
- 09-02-17: O Comité de Ferroatlántica segue mobilizándose polo futuro da comarca.
- 09-02-17: O BNG estuda solicitar a intervención da Fiscalía ante a venda anunciada das centrais do Xallas.
- 07-02-17: O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas
- 06-02-17: “Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”
- 02-02-17: Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas.
- 30-01-2017: A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos.
- 26-01-17: O Comité de Ferroatlántica avisa aos alcaldes que non se fíen da prensa.
- 16-01-17: Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o “non á venda das centrais”.
- 12-01-17: O Comité de Ferroatlántica retoma as mobilizacións.
- 19-12-16: O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016
- 23-12-16: Os traballadores de Ferroatlántica denuncian a campaña de mentiras que está a facer a empresa.
- 21-12-16: O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
Artigos relacionados
- As viuvas doentes de Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)