Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O IES Pedra da Aguia afronta un axitado curso como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo

O IES Pedra da Aguia afronta un axitado curso como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo
Embaixadoras Europeas do IES Pedra da Aguia Embaixadoras Europeas do IES Pedra da Aguia

Empeza forte o alumnado do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto a súa andadura como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo. Este ano teñen programadas moitas e diversas actividades, e comezan co obxectivo de facelo aínda mellor que o ano pasado.

A primeira cita será a visita ao Programa de Inmersión lingüística en inglés que organiza a Consellería de Educación. A semana seguinte, será o coordinador das Escolas Embaixadoras do Centro, Jacobo Santos, o que acuda a un curso de formación en Bruxelas para entrar en contacto con outros embaixadores europeos sénior.

Finalmente, 2018 acabarano todos xuntos participando no debate sobre o futuro da UE, ao que asistirán os 4 eurodiputados galegos e que se celebrará na Diputación da Coruña. Aí trataranse temas como a migración, a digitalización de Europa e o futuro da mocidade europea.

Un completo 2019

Tres son as actividades claves do 2019, destacando a viaxe a Luxemburgo e Frankfurt para visitar institucións como o Banco Central Europeo, o Tribunal de Xustiza da UE e as sedes secundarias do Parlamento e a Comisión. Ademais, están en contacto con escolas embaixadoras da zona para intercambiar experiencias. Ata está prevista a visita á cidade de Schengen, xerme da actual supresión das fronteiras internas dos Estados membros.

En segundo lugar, a viaxe a Estrasburgo para participar no programa Euroscola xunto a máis de 500 estudantes europeos ganadores do concurso do mesmo nome. Unha experiencia única para debater e gozar no marco incomparable do hemiciclo parlamentario. Finalmente, a celebración do día de Europa, un evento ao que estarán invitados toda a comunidade educativa, o Concello de Camariñas, a Diputación da Coruña e sobre todo EuropaDirect A Coruña, que se brindaron a dar apoio logístico, económico e humano para levar adiante este día, no que se pretende simular a posta en marcha dun colexio electoral, con candidatos, censo, votantes e prensa , unha especie de test nos días previos á celebración das eleccións ao Parlamento Europeo o domingo 26 de maio..

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ies-pedra-da-aguia-de-camarinas-nomeado-para-o-programa-de-escolas-embaixadoras/
Comentarios