O IES Pedra da Aguia recibe a visita de tres exparlamentarios
07:09 19/01/17
Alberto Sueiro, Marisol Soneira e Xesús Veiga contaronlle ao alumnado as súas vivencias políticas
Tres exdeputados do Parlamento galego visitaron onte o IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas. Alberto Sueiro, do PP; Marisol Soneira, do PSdG; e Xesús Veiga, do BNG, contáronlle aos máis de corenta alumnos e alumnas de 3º da ESO o funcionamento do Parlamente e as súas vivencias na política. Os tres resaltaron a importancia do diálogo entre as diferentes forzas políticas como a base da democracia, e que as discrepancias na forma de pensar entre os políticos non enturbian as boas relacións entre eles.
No turno de preguntas, os alumnos quixeron saber as consecuencias da irrupción con forza das Mareas nesta lexislatura; tamén preguntaron polo tema do voto dos emigrantes galegos e se cando un accede á política sinte que ten máis poder. Finalmente, pediuse unha reflexión sobre o problema demográfico en Galicia, e en Camariñas en especial, e se a xente nova vai ter que seguir indo ás grandes cidades ou mesmo ao estranxeiro para mellorar o seu futuro.
Os exdeputados destacaron o clima agradable no que se desenvolveu a charla e manifestaron o seu desexo de voltar no vindeiro curso.
Novas relacionadas
- Vinte alumnos do IES Pedra da Aguia participan na “English Week”
- Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
- O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de “Rutas científicas, artísticas e literarias”
- Do IES Pedra da Aguia ao Parlamento Europeo
- O alumnado do IES Pedra da Aguia visita o Parlamento Europeo
- A escritora Care Santos coñece o clube da lectura do IES Pedra da Aguia
- O IES Pedra da Aguia recibe a visita da escritora Care Santos
- O IES Pedra da Aguia participa nun torneo servido de polémica
- Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
- O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de “Rutas científicas, artísticas e literarias”
- Redacción QPC ([email protected])
- IES Pedra da Aguia