O IES Pedra da Aguia recibiu a visita de tres ex parlamentarios


Continúa o IES Pedra da Aguia achegando a realidade política á Ponte o Porto. Desta volta organizaron unha charla, que forma parte dun programa de coñecemento das institucións galegas. Unha cita que xa é un clásico nas actividades do Centro, que participan nela dende hai máis dun seis anos, e da que disfrutaron este pasado martes medio centenar de alumnos que cursan 3º da ESO. Entre eles, os 15 embaixadores junior do Parlamento Europeo que a vindeira semana irán a Estrasburgo e Bruxelas.

Recibiron a visita de tres ex deputados do Parlamento Galego, Manolo Varela, polo PP, Marisol Soneira polo PSdG e Juan Manuel Fajardo por AGE. A charla comezou cun vídeo sobre o funcionamento do órgano lexislativo de Galicia, e despois tomaron a palabra un por un. Destacaron a importancia do papel dos partidos minoritarios como oposición que critica, pero que tamén aporta, e da incorporación progresiva da muller á vida política. Solicitaron unha maior implicación da sociedade no xogo democrático e un maior respecto aos políticos, xa que moitas veces non se lles recoñece o seu traballo a pé da rúa.
Dende unha perspectiva económica invitouse aos alumnos a entrar en contacto cos problemas da sociedade: “sodes accionistas dunha empresa chamada Galicia”.
Na quenda de preguntas os alumnos quixeron coñecer se o traballo dun parlamentario esixe moita dedicación, cando decidiron entrar en política, por que se decantaron por un determinado partido, ou se polo feito de ser muller tiveron máis trabas para entrar nese mundo.

Novas relacionadas
- Os novos “Parlamentarios” do IES Pedra da Aguia comproban a importancia dos idiomas para moverse por Europa.
- Os novos Parlamentarios do IES Pedra da Aguia debaten sobre educación.
- O IES Pedra da Aguia continúa a súa inmersión europea con visitas ilustres.
- O IES Pedra da Aguia de Camariñas, nomeado para o programa de “Escolas Embaixadoras”.
- Os alumnos do IES Pedra da Aguia levan ao Parlamento Xove a problema do alcol na mocidade
- Da oratoria grega á retórica carballesa.
- O IES Pedra da Aguia recibe a visita de tres exparlamentarios.
- Vinte alumnos do IES Pedra da Aguia participan na “English Week”
- Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
- O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de “Rutas científicas, artísticas e literarias”
- Do IES Pedra da Aguia ao Parlamento Europeo
- O alumnado do IES Pedra da Aguia visita o Parlamento Europeo
- A escritora Care Santos coñece o clube da lectura do IES Pedra da Aguia
- O IES Pedra da Aguia recibe a visita da escritora Care Santos
- O IES Pedra da Aguia participa nun torneo servido de polémica
- Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
- O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de “Rutas científicas, artísticas e literarias”
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- IES Pedra da Aguia