Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Museo de Man de Camelle xa forma parte da “European Outsider Art Asociation”

O Museo de Man de Camelle xa forma parte da “European Outsider Art Asociation”
Museo de Man de Camelle Exposición de Mar de Fábula no Museo de Man de Camelle

Xa forma parte da Rede REMA de Espazos Museísticos do Atlántico, pero o Museo Man de Camelle quere seguir espallando a súa difusión da colección do artista alemán afincado en Camariñas. Por iso vén de ser aceptado como integrante da ‘European Outsider Art Asociation’, unha asociación europea de museos de arte marxinal que conta con 89 membros en total dos que unicamente 8 son exposicións españolas.

Deste xeito xa pensan no encontro anual que se celebrará en maio en Estocolmo e no que participarán os integrantes da asociación. Outra acción máis que permitirá dar a coñecer a obra de Man por todo o continente.

A responsable do Museo Man, Andrea Serodio, amosouse “moi contenta por comezar a formar parte dunha entidade apoiada polo Programa para a Cultura da Unión Europea” e tamén expresou a súa sorpresa “pola rapidez coa que nos comunicaron que aceptaban a nosa proposta de inclusión”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/rede-de-espazos-de-contido-museistico-atlantico-rema-abre-as-suas-portas-dende-muros/ https://quepasanacosta.gal/mar-de-fabula-unha-viaxe-de-cinco-anos-museo-de-man-camelle/

Comentarios