Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O patrimonio une Muxía e Camariñas

O patrimonio une Muxía e Camariñas
A proposta BIComun trata de reflexionar sobre o patrimonio e se achega a Muxía e Camariñas

O patrimonio une. E une tanto que esta fin de semana dúas propostas semellantes van facer que Muxía e Camariñas remen nunha mesma dirección. A proposta BIComun vai achegarse esta fin de semana ata as vilas costeiras para reflexionar sobre a importancia do patrimonio, e de paso, dar un paso adiante pola catalogación dos secadoiros de congro de Muxía e do Encaixe de Camariñas como Bens de Interese Cultural.

Así, hoxe venres 2 de agosto, e ao carón dos postos do mercado, a xente de BIComún, que podes ser ti, vai plantar unha semente en clave de patrimonio cultural na praza do Cabo da Vila de Muxía. Unha galería interactiva que pide opinións e emocións propóndolle á xente de Muxía que explore a capacidade de xestión colectiva do seu patrimonio.
Nesta ocasión o Bicomún é unha proposta de Guadalupe Jiménez Esquinas, que realiza xunto con Niquelarte e o Instituto de Ciencias del Patrimonio (CSIC), cunha vontade para crear colaboración e sinerxias entre activismo patrimonial e a academia.
Así que se queredes charlar sobre paisaxes, pedras, cabos, palilleiras e moito máis, aló esperan, acompañadas polas achegas fotográficas a xente do proxecto Buserana.

Ademais, o sábado 3 agosto, e tamén ao carón dos postos do mercado, o patrimonio cultural aparecerá en Camariñas, cunha galería interactiva que pide opinións e emocións propóndolle á xente de Camariñas que explore a capacidade de xestión colectiva do seu patrimonio.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios