O PIE xa conseguíu emprego a 13 mulleres
Continúa en marcha o proxecto o Programa integrado de emprego 2017, dirixido exclusivamente a mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo”. Un PIE 2017 que xa inseriu a 13 persoas no mundo laboral, despois da realización dos cursos de manipuladora de alimentos e o de prevención de riscos laborais.
Nestes momentos están en marcha nestes momentos outras accións orientadas á mellora das competencias formativas e laborais das participantes do programa de emprego.
- Preparación para os exames das competencias clave. Estes exames, que se realizan no mes de maio para persoas de toda a comunidade autónoma galega, están orientados ás persoas que non teñen a titulación na ESO, e dan acceso á realización de certificados profesionais de nivel 2. Arredor de 30 mulleres do PIE están acudindo a estas clases preparatorias, comezadas a finais de febreiro e que durarán ata o día do exame, estanse celebrando nos 3 concellos de maneira simultánea, facilitando así que tódalas participantes poidan acudir a elas. O día 12 de maio, estas participantes desprazaranse a Silleda (lugar de celebración dos exames), se todo vai ben, o suficientemente preparadas para superar as probas.
Curso de informática avanzada, orientada a traballos administrativos. 11 participantes do PIE2017 comezan este martes día 20 de marzo un curso de informática orientada a traballos administrativos. Terá unha duración de 60 horas e capacitará ás participantes no uso de programas de facturación e contabilidade, entre outros contidos.
Mellora das competencias laborais
Ademais estanse realizando outras accións individuais e colectivas coas mulleres inscritas no programa de emprego, tales coma entrevistas e seguimento persoal, xestión de ofertas de emprego, xestión e inscrición en listas de emprego da Xunta de Galicia, información e inscrición nas probas do Celga, etc.
Nas seguintes datas está previsto que comecen outras accións formativas relacionadas coa informática básica, o emprendemento, obradoiros para o desenvolvemento de habilidades sociolaborais... e outras relacionadas coa adquisición de competencias para o desempeño dun oficio, coma a hostalaría ou a atención a persoas dependentes. Tamén se está traballando na posibilidade da realización de prácticas en empresa.
Por outra parte, levouse a cabo a contratación dun titor de inserción laboral, para profundar no traballo que xa se estaba levando a cabo desde o mes de decembr.
Novas relacionadas
- Febreiro 18 O programa de emprego para 85 mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo segue en marcha.
- Decembro 17: Buscando un futuro laboral para 85 mulleres en Camariñas, Muxía e Vimianzo..
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).