Venres. 26.04.2024
El tiempo

O POL de Camariñas, a debate

O POL de Camariñas, a debate
Esta semana o pobo de Camariñas presentaba no concello unhas 1.200 alegacións ao Plan de Ordenación do Litoral. Ademais dos documentos dos veciños, o Concello aprobara en pleno outro escrito coas súas alegacións. O sentir das protestas veciñais céntranse no recorte da catalogación de moitas zonas como urbanizables. As do concello piden que non se cataloguen zonas calificadas como urbanas no PXOM como áreas de protección paisaxística e mediambiental.

Os empresarios da Ponte do Porto

Tamén están atentos dende a Directiva da Asociación de Empresarios da Ponte do Porto. A entidade, que promove a construcción dun parque empresarial de promoción privada na Ponte do Porto tivo unha entrevista o pasado martes co Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, D. Manuel Borobio Sanchiz, que tratou sobre a posible incidencia do Plan de Ordenación do Litoral sobre o ámbito no que se está a redactar un Proxecto Sectorial para o Parque Empresarial. Como consecuencia de dita reunión e da análise pormenorizada do ámbito proposto para o Parque Empresarial superposto ao POL, o Director Xeral informou que o Parque Empresarial que se propón é compatible co POL, e que se pode seguir co proxecto sectorial que promove a Asociación e que está redactándose pola consultora CEINSA, (a mesma empresa que está redactando varios planeamentos en diversos concellos da Costa da Morte). Segundo informa a asociación o Parque está xa bastante avanzado e proximamente se presentará polo equipo redactor a informe da administración medioambiental para o seu estudio xa en cuestións de detalle.

Resposta institucional

Hoxe a Xunta, preocupada pola situación, envía un comunicado de tranquilidade ao concello camariñán. Primeiramente insta á corporación municipal a seguir tramitando o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que conta cunha aprobación inicial de febreiro de 2009, unha vez que a única delimitación legal de solo urbano é do 1981. Pero iso si, pide que este se faga dacor cos criteiros do Plan de Ordenación do Litoral (POL). Apunta a Xunta que "o POL non dificulta a tramitación dos planeamentos municipais, se non que, pola contra, outorga seguridade xurídica aos concellos á hora de elaborar o planeamento urbanístico, pois reduce a arbitrariedade ao contarse cuns criterios xa fixados de antemán respecto aos informes emitidos pola Comunidade Autónoma".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios