Domingo. 15.09.2024
El tiempo

O porto de Camelle xa ten surtidor

O porto de Camelle xa ten surtidor
Surtidor no porto de Camelle

O porto de Camelle ten xa operativo o surtidor de combustible bonificado para embarcacións. O presidente do ente público portuario, José Juan Durán, comprobou o funcionamento deste servizo nunha recente visita ao porto camariñán acompañado polos representantes municipais e da confraría de pescadores da localidade.

A estación subministradora de combustible foi instalada pola empresa Repsol tralas xestións de Portos de Galicia a este respecto para dar resposta a unha demanda reiterada da comunidade portuaria de Camelle. Sitúase en terreo portuario en virtude dunha concesión administrativa e permiso de actividade outorgados por Portos de Galicia.

Con esta instalación, os usuarios do porto de Camelle poden acceder ao combustible bonificado para uso profesional, unha demanda prioritaria entre o sector mariñeiro. O subministro está operativo dous días por semana, tal como se acordou en función da demanda real na zona.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios