O PP comarcal traballa para recuperar o peso político perdido na Costa da Morte en 2015


O vicesecretario xeral de Organización e Territorio do PP provincial, Evaristo Ben, mantivo unha reunión de traballo cos representantes do Partido Popular nos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. Unha cita que serviu para “poñer as bases” para que o PP recupere nas eleccións municipais de 2019 o peso político perdido na Costa da Morte no ano 2015.
Cómpre lembrar que o grupo popular quedou con só dúa alcaldías (e na zona de Bergantiños), a pesar de arrasar sempre nas Autonómicas e Estatais.
Neste sentido, o popular incidiu en que é fundamental “traballar co máximo compromiso e coa proximidade necesaria” para que os veciños vexan ao Partido Popular como a “única alternativa” para ter un goberno local “serio, eficaz e responsable”.
Cee e Fisterra, no foco
Sobre este asunto, Ben lembrou que o Partido Popular xa sabe o que é gobernar en municipios como Cee ou Fisterra, nos que quedou claro “que os experimentos actuais dos seus executivos locais só conseguiron que os seus municipios retrocedan e que os seus veciños teñan menos posibilidades de prosperar”.
Nesta liña, o popular subliñou que a súa formación aspira a recuperar a alcaldía destes dous municipios, pero tamén traballa para que Zas, Muxía, Corcubión, Camariñas, Dumbría, Carnota e Vimianzo conten cun alcalde do Partido Popular a partir de maio do 2019.
Novas relacionadas
Fonte
- PP comarcal.