O PP comeza a renovación das xuntas locais do sur da bisbarra


A semana pasada era o PP de Bergantiños o que mantiña unha reunión para preparar as Europeas e cun ollo nas Municipais 2015. Esta semana tocou polo sur e Diego Calvo acodía a Cee, ao Hotel Insua, para reunirse cos alcaldes e portavoces do partido xudicial de Corcubión (Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas).
Nunha nota practicamente igual que a do norte, o presidente provincial Diego Calgo subliñou que 2014 é un "ano clave" por tratarse da antesala das "importantísimas" eleccións municipais que terán lugar no 2015 e pola cita coas urnas europeas de maio.
Para rematar, Calvo anunciou que o Partido Popular continúa adiante co proceso de renovación das diferentes xuntas locais da provincia. Estaremos atentos a movementos.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do PP provincial.