Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PP de Camariñas insiste na dimisión de Pichurri

O PP de Camariñas insiste na dimisión de Pichurri
pichurri-camarinas-imputado O alcalde de Camariñas está condenado a 4 de inhabilitación por un suposto delito de prevaricación O grupo municipal do Partido Popular de Camariñas, encabezado polo seu portavoz, Mauricio Aufiero, asegurou onte que o informe elaborado pola Secretaría Municipal do concello acredita que Manuel Valeriano Alonso debe dimitir inmediatamente como alcalde, tras a sentenza do Xulgado do Penal número 3 que condena ao rexedor a 4 anos de inhabilitación como autor dun delito continuado de prevaricación administrativa. Os populares, que xa solicitaron o pasado 11 de maio a dimisión deValeriano Alonso, defenden que o escrito redactado pola Secretaría Municipal “non deixa dúbidas” de que ao rexedor pódeselle aplicar a Lei Orgánica 5/195, do 19 de xuño, de réxime electoral que establece que incorren en causa de incompatibilidade “os condenados por sentenza, aínda que non sexa firme, por delitos de rebelión, de terrorismo, contra a Administración pública ou contra as Institucións do Estado cando a mesma estableza pena de inhabilitación para o exercicio de dereito de sufraxio pasivo ou a inhabilitación absoluta ou especial ou de suspensión para emprego ou cargo públicos nos termos previstos na lexislación penal”. Desta maneira, e ante esta situación, os populares explicaron que o concello debe limitarse a tomar coñecemento desta circunstancia, e proceder á solicitude de expedición de nova credencial do seguinte na lista do PSOE pola Xunta Electoral Central, sen votación algunha. “Pódese dicir máis alto, pero non máis claro. A secretaria foi contundente no seu informe. Valeriano Alonso debe asumir a sentenza e deixar o seu posto como alcalde de Camariñas”, asegurou Aufiero.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios