Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP de Camariñas pregunta pola nova obra no casco vello

O PP de Camariñas pregunta pola nova obra no casco vello

Preguntan hoxe dende o PP camariñán pola "retirada do Cruceiro e da isleta da zona próxima a parada de taxis na Praza do Mercado, así como ao inicio das obras nunha praza que está dentro do Casco Histórico". Obras que segundo denuncian forman parte dun Plan xeral “aprobado ilegalmente en pleno” de forma provisional.

Ante estas circunstancias, o Portavoz e Candidato do PP, Daniel Rego, en nombre do Grupo Municipal do Partido Popular, presentou unha batería de preguntas en relación a esta cuestión para que na vindeira semana sexa esclarecida polo Alcalde e o seu equipo de goberno.

Nesa liña, o PP solicita "o informe emitido polos servizo técnico de urbanismo do Concello en canto o proxecto de dita obra; por que e para que se sacou o Cruceiro que se encontraba localizado en dita Praza; en que lugar se atopa na actualidade o Cruceiro; que ten pensado facer co Cruceiro; Si se solicitou permiso a Patrimonio-Consellería de Cultura e Turismo- para realizar ditas obras e finalmente si se solicitou cal foi a resolución que dictaminou dito organismo da Xunta".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Camariñas.

Comentarios