Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O PSOE de Camariñas denuncia ao voceiro do PP de amenazar a un comerciante

O PSOE de Camariñas denuncia ao voceiro do PP de amenazar a un comerciante

Continúa as graves acusacións en Camariñas, onde a política e a vida persoal xa están completamente mesturadas. O escabroso tema do Náutico, un suposto vertedoiro ilegal en Camariñas participado polo Concello, ou unha Casa da Cultura "privada" son algunhas das denuncias que se levan feito nas últimas semanas; pero a de hoxe supera os límites da política.

Grave crítica a que envía hoxe o grupo do PSOE camariñán, que denuncia que "o portavoz municipal do Partido Popular, coma un vulgar matón de barrio, tentou intimidar a un comerciante de Camariñas no seu local". Unha situación que segundo sinalan dende o PSOE rematou coa denuncia do propio Rego na Garda Civl ao comerciante por telo botado do establecimento.

Tras calificar de "gravísima" a situacion, o Partido Socialista de Camariñas, ten tomado a decisión de "rachar con calquera tipo de relación coa formación política que representa ata que estea dirixido por outras persoas".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Camariñas.

Comentarios