xoves. 07.11.2024
El tiempo

A antiga escola de Xaviña xa funciona como Casa do Maior

Casa Maior Xaviña (1)
A antiga escola de Xaviña xa funciona como Casa do Maior

Unha das 8 Casas do Maior abertas na Costa da Morte no marco da Cooperativa Colaxe, está en Camariñas. Concretamente en Xaviña, onde o Concello habilitou a antiga escola para poder adaptarse a este proxecto. Os usuarios e usuarias teñen que ser derivados a través de Servizos Sociais e conta con 5 prazas  (derivados dos Servizos Sociais Municipais) para unha atención de 8 horas, de luns a venres.

A Casa do Maior de Xaviña conta cunhas instalacións totalmente equipada, con espazos de lecer, zona de descanso, cociña, posibilidade de facer actividades no exterior...
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destacou que “é moi importante implantar este tipo de iniciativas, moi necesarias e demandadas, que achegan servizos esenciais ao rural, fomentado a autonomía das persoas maiores” e explicou que “se fará a coste cero para o Concello a través desta vía, dando ademais utilidade social a un ben municipal”.

Casa Maior Xaviña (3)

Comentarios