O Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxia e Vimianzo segue formando e empregando
Segue en marcha o Obradoiro de Emprego de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Un Obradoiro que está servindo, ademais de dar unha profesión a 16 moz@s da comarca, cun soldo, para renovar unha instalación municipal como é a Casa de Pedra de Camariñas.
Así o comprobou onte a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, que valorou o "bo traballo realizado ata o de agora" e felicitou ao tanto ao alumnado como ao seu monitor.
Os rapaces e rapazas participantes no módulo de ‘Instalación de elementos de carpintería’ xa remataron a renovación do chan e instalaron varios armarios e estanterías. A actuación no interior está practicamente rematada, só queda por colocar máis mobiliario, polo que os servizos municipais habituais xa se retomaron na Casa de Pedra. As obras que se levarán a cabo no exterior do edificio quedarán pendentes ata que faga bo tempo.
Novas relacionadas
- O Obradoiro de Emprego de Camariñas renova a Casa de Pedra e prepara unha APP de Naufraxios.
- Muxía, Vimianzo e Camariñas presentaron o obradoiro de emprego ‘Camiño ao emprego’-
- Laracha continúa apostando polos Obradoiros de Emprego.
- Os Obradoiros de Emprego, unha verdadeira oportunidade para a xuventude... e para os Concellos.
- O novo Obradoiro de Camariñas, Muxía e Vimianzo comezará en decembro e terá especialidades de turismo e montes.