Venres. 22.01.2021
El tiempo

Muxía, Vimianzo e Camariñas presentaron o obradoiro de emprego ‘Camiño ao emprego’

Muxía, Vimianzo e Camariñas presentaron o obradoiro de emprego ‘Camiño ao emprego’

Ademais da Laracha, os Concellos de Muxía, Vimianzo e Camariñas están a apostar, conxuntamente, polos Obradoiros de Emprego. Unha proposta que ofrece unha formación, aporta unha profesión, e un soldo, ao grupo de 20 mozos e mozas que participan, durante 9 meses.

Onte presentábase en Muxía (concello promotor) este Obradoiro ‘Camiño ao emprego’, en presencia dos [email protected], as ADL, e a directora do obradoiro, Lorena Valera. Desenvolveranse en dúas especialidades, a destacar ‘Promoción turística local e información ao visitante’ e ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’.

Entre outras moitas, levaranse a cabo tarefas de deseño e elaboración promocional dos tres concellos, actualización das bases de recursos turísticos do territorio e deseño de novos produtos turísticos.

Novos obradoiros

comentarios