Obras no comedor do CEIP de Ponte do Porto
A Consellería de Cultura e Educación, a través da xefatura territorial na Coruña, iniciou estes días os traballos de reforma da cociña e do comedor do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Ponte do Porto, no Concello de Camariñas, nos que se están a investir un total de 43.420 euros.
As obras, que beneficiarán aos 157 alumnos e alumnas, consisten na renovación do falso teito do comedor e a cociña, así como a creación dunha despensa, a dotación de novas persianas e sistema de iluminación e o arranxo da campá extractora. O departamento autonómico aproveitou o descanso de Semana Santa para acometer os traballos, co fin de non afectar ao desenvolvemento normal da actividade académica.
Coa execución deste proxecto, mellorarase o servizo que se presta no centro aos alumnos, así como as condicións de traballo, seguridade e hixiene do persoal da cociña e do comedor do centro.
Novas relacionadas
- 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- A Xunta segue perfilando a Guía da Saúde de percebeiras, redeiras e mariscadoras.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.