Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Oito blogueiros participan na XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas

Oito blogueiros participan na XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas
Imaxe do encontro Blogger na Mostra do Encaixe de Camarinas do 2015. Imaxe Coolsilkara Un dos momentos do encontro Blogger que tivo lugar durante a edición do ano pasado da Mostra do Encaixe de Camariñas. Imaxe: Coolsilkara Unha das actividades paralelas á Mostra do Encaixe é o "encontro blogger" que terá lugar o xoves, 24 de marzo, ás 14 horas dentro do recinto feiral. Neste cuarto encontro participarán oito blogueiros de moda da comunidade - cinco mozas e tres mozos - que a través dos seus respectivos blogs son toda unha referencia no mundo da moda. Os participantes son Yolanda Álvarez, creadora de blog nosinmiyoli.com ; Fátima García, de fashionomy.com; Ra Dosil, de mysweetpeque.com; Raquel Gamallo, de mividaentretelas.com; Rubén Alexandre, de surviveinvogue.com; Andy González, de yourfashionmoment.com; Diego Moledo, de dmrvstyle.com y Nerea Calvo, de misseverydaybyneriblog.com. Patrocinadores da Mostra O Concello de Camariñas agradece a participación de todos os deseñadores e firmas que acoden ao evento, así como aos patrocinadores que fan posible o certame. Ademais da axuda económica da Xunta e da Deputación, varias empresas privadas e asociacións colaboran na Mostra do Encaixe con diferentes aportacións. ABanca - que patrocina a pasarela de moda-, Stolt Sea Farm, Ferroatlántica, Bodegas Marqués de Vizhoja, Frigoríficos de Camariñas, a Asociación de Empresarios de Camariñas e o Grupo Correo Gallego, así como Begano-Coca Cola, Distribuciones O Vilán, Gallego Pereira Frigoríficos, Industrias Cerdeimar y Pulpo de Camariñas, que colaboran achegando os seus propios productos como o pulpo, as conservas ou os refrescos. Os días 25 e 27 de marzo terán lugar unhas "degustacións especiais", segundo indica a organización, baixo o lema "Aplicacións da conserva: sanas por naturaza". Nestas dúas xornadas os cociñeiro Miguel Ángel Gómez falará sobre a numerosas posibilidades da conserva e preparará tres pratos: empanada descuberta de sardinilla, mexilón tigre picantón e lata de ventresca con wakamole. Novas relacionadas Fonte

Comentarios