Os alcaldes da Costa da Morte únense cos afectados polas Preferentes
"É a primeira que vexo a todos os alcaldes xuntos, e espero que esta unidade e este apoio que nos estades brindando non quede só unha nota da prensa". Así lles falaba o voceiro da Plataforma de afectados polas Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte, Manuel González, aos 10 alcaldes da zona que se xuntaban no Concello de Cee para apoiar esta causa.
Diante deles, e detrás, medio centenar de veciños que acodían cos megáfonos e as pancartas dunha nova protesta diante da oficina de Novagaliciabanco en Cee, unha vez que a loita xa ten nomes e apelidos dende hai tempo.
Precisamente a sesión serviu para que os alcaldes da zona, de todas as cores políticas (polo PP Zaira Rodríguez de Cee, Traba de Fisterra, Santos Maneiro de Mazaricos; polo PSOE Pichurri de Camariñas, Félix Porto de Muxía, Pequeño de Dumbría e Chisco de Corcubión; polo BNG Antelo de Vimianzo, Noceda de Carnota e Muíño de Zas; acompañados polo teniente alcalde de Cee, Dani Oca, de ANC) manifestaran o seu apoio aos afectados. E algo máis: "De aquí sairemos con este manifesto asinado en todos os plenos municipais no que pedimos axilidade nos procesos de arbitraxe, que llo trasladeremos á FEGAMP, e ademais queremos prestarvos todo o apoio administrativo posible", afirmaba a voceira dos alcades, Zaira Rodríguez. "E podemos solicitar unha entrevista con Feijoo, na que estaremos unha representación de cada partido e mais o voceiro da Plataforma", engadíu o alcalde de Camarilñas.
Escoitando experiencias
Pero sobre todo, os alcaldes tiveron que escoitar. Historias tremendas, de enganos tras enganos nas que se viron metidos estes veciños afectados. "E que só somos a punta do iceberg", recordaba González", "pois só na nosa zona podemos ser uns 4.000 afectados". "Queremos a vosa axuda burocrática, pero sobre todo queremos que vós, que sodes os que podedes chegar a arriba, que fagades chegar as nosas peticións", pedían os afectados.
Pero os testemuños de varios dos afectados eran terribles. De feito, moitos contarton a súa historia persoal, de como un director dunha oficina (concretando directamente nas oficinas de Cee e Corcubión e nos seus directores ou ex directores) os enganaron rotundamente. O de "ti non tes Preferentes" cansaron de escoitalo moitos afectados na boca dos seus banqueiros, ata que un bo día, cando a cousa xa non era sostible mediaticamente, pois resulta que si…
"Aceptamos a arbitraxe porque non nos queda outra"
"A axilidade das arbitraxes é importante, pero que quede claro que nós non apostamos pola arbitaxe, pero é que non temos mais. A quita, que é a outra posibilidade, sería unha ruina, e se apostamos pola vía xudicial podemos morrer antes de que se decidan", explicaban, mentres unha veciña aseguraba que o director dunha sucursal lle dixo con estas palabras: "Alfredo, se morres ti, ela o perde todo"…
Explicaban tamén que a arbitraxe, polo de agora, non é para todos. "Por agora só chaman aos que teñen entre 600 e 5.000 euros a arbitraxe. Pero o resto, os que temos máis, seguimos esperando", contaba un. "Eu xa podo perder 10.000 ou 15.000€ pero eu cando me devolvan o que me toca, vou denunciar ao director, porque mesmo teño probas do engano, e iso que é familiar da miña muller.
O tema da arbitraxe é máis complicado todavía. Hai quen ten denuncia aberta, pero que non pode esperar. Ademais, agora cando un se apunta a unha arbitraxe fanche asinar un papel. Pero todo acaba cumha frase: "Aínda que firmes aquí conforme renuncias á via xudicial, non significa que vaias cobrar". Nin unha nin outra.
Unha afectada explicou a sua experiencia na arbitraxe, e denunciou unha burla por parte dun dos dous responsables da mesma. I é que parece ser que as arbitraxes lévanse a cabo polo método de "poli bueno, poli malo", no que un, funcionaro, che dá solucións, e o outro, responsable da entidade finacieira, che pon trabas. "Hai que levar un abogado porque o que non pode ser é que teñamos medo a ir a arbitraxe", como explicaba unha señora explicando a súa sensación tras acodir a unha destas citas.
Por non falar dos problemas psicolóxicos que están arrastrando centos de veciños que perderon absolutacmente todos os seus aforros.
A historia continúa aberta, porque lamentablemente aínda a día de hoxe "hai xente que se está enteirando agora de que está afectado polas Subordinadas", explicaba un preocupado González.
A moción
Esta é a moción que van asinar os 10 concellos adheridos á causa:
A Corporación Municipal de _____ quere amosar a súa solidariedade cos aforradores afectados e a esixencia de que recuperen o antes posible os seus aforros dos que son lexítimos propietarios. Ata o de agora vense realizando como solución o sistema de arbitraxe que, xa dou solución a máis de 11.000 familias, ainda que todos desexaríamos que se fixese con maior rapidez, por mor de que a entidade NGB envía poucas aceptacións para facer arbitraxe e hai moitos veciños que están sufrindo as consecuencias destas prácticas abusivas. A pesares dos acontecementos derivados do rescate ao sector financeiro español consideramos que os tenedores, aforradores que non teñen a consideración de investidores, ós que lle foron colocados nas oficinas de Caixa Galicia e Caixa Nova e doutras entidades financeiras “Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas” non poden sufrir quitas respecto ao nominal dos seus títulos. A vista desta situación, a Corporación Municipal do Concello de _____ presenta esta MOCIÓN CONXUNTA E URXENTE para o seu debate e aprobación en Pleno dos seguintes acordos: 1.- Instar a Xunta de Galicia para que se dirixa ante os distintos organismos e autoridades políticas e monetarias competentes: Goberno Central, Parlamento Español, Ministerio de Economía, Banco de España, Comisión Europea da Competencia, Comisión Nacional de Valores, FROB e NGB PARA: a) Que con respecto a “Ley 9/2012, de 14 de novembro, de reestructuración y resolución de entidades de crédito” en todo o concerniente aos afectados polas Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas se adopten as solucións legais oportunas para, no caso das comercializacións indebidas destes productos híbridos, eliminar as quitas e para evitar que se realicen canxes por outro tipo de producto financeiro que non podia ter liquidez a curto prazo ou poida supoñer pérdia no valor nominal dos títulos dos seus productos. b) Que se manteña, axilice e reforce o sistema de arbitraxe de xeito xenérico e se dé contestación afirmativa a todos os solicitantes considerados aforradores pedindo a entidade NGB que maximize e axilice as aceptacións de arbitraxe. 2.- Instar a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) que asuma esta moción en todos os seus termos e se lle de traslado a todos os concellos de Galicia para a súa aprobación en Pleno.Novas relacionadas
- O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento.
- Vimianzo abre as portas da OMIC cada venres para informar das Preferentes.
- 04-01-13: A loita contra as Preferentes colle nome e apelidos.
- Os veciños de Buño e toda a comarca se mobilizan polo peche da oficina Caixa Galicia.
- A Costa da Morte está viva contra as Preferentes.
- Preferentes: Arbitraxe ou demanda xudicial.
- Castellanos aos Afectados das Preferentes: “Agora manda a Troika”.
- 16-10-12: Os afectados polas Preferentes seguen uníndose e xa teñen un canle de consulta.
- 5.000 afectados polas Preferentes na Costa da Morte para unha nova reunión en Camariñas.
- 06-08-12: Máis de 130 afectados polas Preferentes dan a cara.
- 12-07-12: Os afectados polas Preferentes na Costa da Morte xa se moven.
- 05-07-12: En marcha a Plataforma de afectados polas Preferentes da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).