Os disfraces tomarán un entroido camariñán por parroquias

09:21 23/02/11
Por fases prepárase o Entroido de Camariñas. I é que as citas comezarán este sábado 5 de marzo coa Festa do Entroido da Ponte do Porto, a partir das 17:00h no Pavillón.
O domingo 6 a festa trasládase a Xaviña e a Camelle.
Pero a cita grande será o martes 8 de marzo, co Gran Concurso de Disfraces nas modalidades de infantil, individual e comparsas. Haberá ademais actuación musical do dío Son Latino.

Máis información
Poden anotarse antes do 7 de marzo no servizo de Cultura da Biblioteca ou no 981 73 72 34 ou enviando un correo a [email protected].
Novas relacionadas
- En marcha a XXI Mostra do Encaixe de Camariñas.
- Don Caietano vivirá en Laxe un Entroido espectacular.
Fonte
- Concello de Camariñas.