Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os euroembaixadores da Ponte masacran a preguntas a José Blanco e prepara un 2019 viaxeiro

Os euroembaixadores da Ponte masacran a preguntas a José Blanco e prepara un 2019 viaxeiro
Os euroembaixadores do IES da Ponte do Porto con Jose Blanco Os euroembaixadores do IES da Ponte do Porto con Jose Blanco

Seguen os rapaces do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto viaxando pola historia a través europea a través do seu proxecto de Escolas Embaixadoras. Desta volta, o pasado venres, os embaixadores junior do IESP Pedra dá Aguia de Camariñas participaron na charla-coloquio que tivo lugar na Diputación da Coruña.

Invitados por EuropaDirect A Coruña, os embaixadores junior escoitaron atentamente as argumentaciones que sobre o Brexit, a migración e a defensa europea fixeron os eurodiputados galegos Francisco Millán Mon e José Blanco. A continuación, formularon por escrito máis de 40 preguntas, algunha das cales tivo resposta polos europarlamentarios. Non lles soubo a moito, xa que finalizado o debate seguiron preguntando a un dos oradores por máis de 20 minutos.

A actividade dos embaixadores continuou o luns 17 tamén pola tarde. Malia estar en horario extraescolar, os alumnos quedáronse no Centro para seguir as dinámicas suscitadas por Horacio Díez, coordinador estatal das Escolas Embaixadoras e que estivo de visita no noso Centro. Horacio Díez tivo a oportunidade de contemplar o Infopoint que temos na entrada do Instituto e de asistir á grabación dun Lipdub conmemorativo dos 20 anos do Instituto e que será proxectado este venres, día no que se realizarán outros actos para celebrar ese aniversario.

Con Horario no infopoint do centro camariñán

Un 2019 moi europeo

O instituto porteño é xa un referente na zona no ámbito europeo. E referendarao no 2019 con visitas a institucións europeas en Luxemburgo, Frankfurt e Estrasburgo, a participación no concurso Euroscola xuntos a outros 500 estudantes de toda a UE, e a posta en escena dun simulacro de eleccións europeas o día 9 de maio. Para iso, contará coa axuda, non só de toda a comunidade educativa, senón tamén co Concello de Camariñas e EuropaDirect A Coruña.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pulpo-caramina-novo-eurodiputado/ “Inmersión lingüística nos Peares” — Que pasa na costa “O IES Pedra da Aguia afronta un axitado curso como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo” — Que pasa na costa

Comentarios