Os incendios en Toba e Cures manteñen en vilo á Costa da Morte

11:38 11/08/16
- Última hora (08:30h do día 12): Controlado ás 2:36 da pasada madrugada o #IFTobaCee. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 180 hectáreas. No lugar están traballando 14 axentes, 29 brigadas, 17 motobombas e 1 helicóptero.
- Última hora (0:30h): EXTINGUIDO o #IFCarnésVimianzo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 47,39 ha, das cales 15 son arboradas.
- Última hora (20:30h): A Xunta segue sen actualizar datos dos #IFTobaCee (xa non perigan as casas, polo menos, pois baixou a nivel 1) nin #IFCuresVimianzo... Dende o terreo arrasado, cóntannos que O incendio en Sembra está controlado, pero cas brigadas a pé de cañon por si reavivan as lapas. Por Sardiñeiro, o lume segue activo pero non de todo controlado.
- Última hora (14:00h): mantense o nivel “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Cee #IFTobaCee, pola proximidade do lume ás casas de Sembra, Sardiñeiro, Cabaleriza… No lugar están traballando 9 axentes, 18 brigadas e 10 motobombas. A esta hora a Xunta segue dando a cifra de 180 hectáreas afectadas.
- Última hora (14:00h): segue activo o #IFCuresVimianzo, que afecta ao lugar de Cures, en Carnés, e a zona das Barrosas, na Ponte do Porto. Os datos de superficie afectada segue a ser dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas e 1 helicóptero.
- Última hora (14:00h): Préndenlle lume á madeira almacenada no peirao de Brens, en Cee. 3 motobomba, Protecciín Civil, Policia Local e o remolcador loitan por apargalo.
- Última hora (14:15h): Conato incendio sofocado con rapidez en Fumiñeo (Muxía).



Incendio en Cures



#seveslume085
Agracedemos e invitamos aos usuarios de QPC que nos fagan chegar as súas imaxes e impresións a través do noso Facebook e o noso Twitter, e a través do whatsapp (637 704 893). A resposta de onte foi espectacular e os lectores de QPC achegáronnos máis dunha ducia de imaxes dende varios puntos da comarca para manternos informados. E lembramos tamén, como fai a Consellería do Medio Rural e do Mar, que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. #seveslume085Incendios forestais 2016
- 10-08-16: #IFTobaCee: Outro incendio pon en perigo ducias de casas entre Cee e Fisterra.
- 10-08-16: Abriuse a veda dos incendios e despois de Cee tócalle a Fisterra e Muxía.
- 09-08-16: Cee sofre o primeiro gran incendio do verán.
Incendios forestais 2015
- 23-07-15: Coristanco tamén rexistrou un forte incendio que afectou a 23 hectáreas.
- 15-07-15: Un novo incendio arrasou case 10 hectáreas en Coucieiro.
- 14-07-15: Extinguido o incendio que arrasou con 42 hectáreas en Berdoias.
- 19-06-15: Un novo incendio provocado arrasa o monte de Serres.
- 16-06-15: Un incendio en Vimianzo calcina parte dunha explotación gandeira.
- 09-06-15: Gures estrea a tempada de incendios.
Novas relacionadas
- Os axentes forestais critican, un ano máis, a falta de prevención.
- Unha de prevención: A Xunta gastou no lume do Monte Pindo 14 veces máis do que invertira anteriormente.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).