Os novos Parlamentarios do IES Pedra da Aguia debaten sobre educación


Ata Culleredo (en pleno corazón europeo) desprazábase unha pequena expedición do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto. Celebrábase alí unha nova edición do concurso-debate Parlamento Xove, unha iniciativa do Departamento de Xuventude da Xunta que pretende poñer en valor as dotes de oratoria dos rapaces da ESO. E non faltou o centro camariñán participando con catro alumnos de 3º da ESO: Helena, Nerea, Jose e Nico.
O tema proposto era se a educación ambiental impartida nas escolas podía previr incendios como os do pasado outubro.
Nos tres debates que tiveron que afrontar, sempre tocou defender a postura a favor e aínda que o principio non puideron evitar os nervios, pouco a pouco os foron controlando ata facer magníficas intervencións e moi boas refutacións aos equipos rivais.
A organización debería preguntarse o porqué da presenza maioritaria de centros concertados, 17, fronte aos 6 públicos. Quizais a explicación está na metodoloxía empregada polos primeiros, xa que os debates semellaron máis unha posta en escena diante dun tribunal de xustiza que un verdadeiro arte da oratoria. O xurado valorou máis os aspectos formais que a calidade argumental, nun “todo vale” que puxo en cuestión os obxectivos do propio concurso.
En todo caso, o equipo costeiro volveu moi contento coa experiencia, moi orgullosos por unha posta en escena axeitada, sempre mellorable, e con gañas de repetir.
Novas relacionadas
- O IES Pedra da Aguia continúa a súa inmersión europea con visitas ilustres.
- O IES Pedra da Aguia de Camariñas, nomeado para o programa de “Escolas Embaixadoras”.
- Os alumnos do IES Pedra da Aguia levan ao Parlamento Xove a problema do alcol na mocidade
- Da oratoria grega á retórica carballesa.
- O IES Pedra da Aguia recibe a visita de tres exparlamentarios.
- Vinte alumnos do IES Pedra da Aguia participan na “English Week”
- Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
- O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de “Rutas científicas, artísticas e literarias”
- Do IES Pedra da Aguia ao Parlamento Europeo
- O alumnado do IES Pedra da Aguia visita o Parlamento Europeo
- A escritora Care Santos coñece o clube da lectura do IES Pedra da Aguia
- O IES Pedra da Aguia recibe a visita da escritora Care Santos
- O IES Pedra da Aguia participa nun torneo servido de polémica
- Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
- O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de “Rutas científicas, artísticas e literarias”
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- IES Pedra da Aguia