Paula Esteiro estrea o título de “Camariñana do ano”
09:21 09/05/18
Paula Esteiro, primeira Camariñana do Ano
Chegar a un Mundial non é doado. E así o quere recoñecer a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, que nomea á brava deportista Paula Esteiro como Camariñana de Honra 2018.
Este recoñecemento, que se fai por primeira vez, pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns.
Neste caso a Asociación tivo en conta a traxectoria dunha muller deportista, nunha disciplina minoritaria, que acadou niveis de excelencia e mesmo chegou a ostentar a representación nacional en mais dunha competición.
Novas relacionadas
- Abril 18: Paula Esteiro e Damián Espasandín conseguen o 7º posto coa Selección Española nos Mundiais da OCR.
- Outubro 17: Paula Esteiro e Damián Espasandín traen un podio e un top20 do Mundial de Carreiras de Obstáculos:
- Dous soneiráns no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos.
- A Costa da Morte, potencia continental en Carreiras de Obstáculos.
- Damián e Paula manteñen postos e podio na liga nacional da Gladiator Race.
- Decembro 16: Dous soneiráns no Campionato Nacional de Carreiras de Obstáculos.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).