Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Pavillón de Camariñas chamarase “Víctor Vigo”

O camariñán Víctor Vigo dará nome ao pavillón
O Pavillón de Camariñas chamarase “Víctor Vigo”

Boa iniciativa do Concello de Camariñas, de darlle o nome dunha das súas lendas, vivas, deportivas, ao seu pavillón. O pleno da corporación aprobou por unanimidade o cambio de nome do pavillón polideportivo, que  pasará a chamarse ‘Pavillón Polideportivo de Camariñas Víctor Vigo’. Unha idea do anterior concelleiro de Deportes Jose Campaña, que agora ve a luz.

A traxectoria do deportista camariñán é indiscutible e xa é “o deportista máis importante nado no Concello de Camariñas na súa historia. Levou por case toda Europa o nome do Concello que o viu nacer hai trinta e cinco anos, facendo de embaixador do mesmo, alá por onde xogou e residiu. Non só é unha referencia para o Concello de Camariñas, quizais tamén sexa uns dos deportistas máis destacados de toda a Costa da Morte, e se valorásemos a súa especialidade deportiva, o balonmán, sería o xogador masculino máis destacado da provincia e un dos xogadores galegos máis significativo de todos os tempos”, explica.

Víctor Vigo, que daba os seus primeiros saltos como federado aló por 1995 nas actividades municipais de balonmán e judo, anunciou a súa retirada ao finalizar a pasada temporada cando militaba no Quabit Guadalajara da Liga ASOBAL de balonmán despois de toda unha carreira na élite deste deporte na que acadou máis dun milleiro de goles nos máis de trescentos encontros que disputou na Liga ASOBAL, nas 15 tempadas que nela participou, así como as súas internacionalidades en categoría xuvenil e sub22.

Comentarios