Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Pedra da Aguia: O IES máis europeo de Galicia

IESP Pedra da Aguia no Parlamento de Estrasburgo
Alumnas do IESP Pedra da Aguia no Parlamento de Estrasburgo
O Pedra da Aguia: O IES máis europeo de Galicia

Non para o IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto. A implicación de profesores e alumnos é cada vez maior e os proxectos nos que se embarcan van tendo o seus froitos. Aí está o recoñecemento como Camariñáns de Honra 2019, o Premio Vicente Ferrer 2019, ou o doble premio Euroscola 2019, tanto en marzo como en novembro, que non fai máis que ratificar que a aposta polo ensino comprometido, de calidade e con miras ao mundo, é máis que acertada.

Sen tempo a dixerir tanto premio, o alumnado quere compartir a súa experiencia en Estrasburgo. Os EuroEmbaixadores junior do Parlamento Europeo participaron activamente no programa Euroscola xunto a máis de 500 estudantes doutros centros da Unión Europea, o que supón un inmellorable broche de ouro a un ano, a un ciclo, do máis internacional. En apenas un ano xa estiveron en Frankfurt, Luxemburgo e Estrasburgo, con visitas relevantes ao Parlamento Europeo, o Tribunal de Xustiza da UE, o Banco Central Europeo e a Oficina do Defensor do Pobo Europeo.

IESP Pedra da Aguia no Parlamento de Estrasburgo 1

Nesta última viaxe, ademais, visitaron a sé do Consello de Europa, unha institución intergubernamental que aglutina a 47 Estados europeos e que trata sobre todo temas relacionados cos dereitos humanos.

As experiencias, ademais de coñecer por dentro o entramado burocrático, sérvelles para comprobar a importancia de aprender linguas estranxeiras como elemento vital de comunicación,. A pulpo-mascota Camariñas así o ratificou dando un discurso en “camariñinglish” no hemiciclo.

A mascota Camarinas no Parlamento Europeo

NOVAS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

Comentarios