Mércores. 23.10.2019
El tiempo

O orgullo camariñán das pregoeiras alumnas do IES Pedra da Aguia

Alumnas do IES Pedra da Aguia dando o pregón das Festas do Carme de Camarinas
Alumnas do IES Pedra da Aguia dando o pregón das Festas do Carme de Camarinas
O orgullo camariñán das pregoeiras alumnas do IES Pedra da Aguia

Onte deron comezo as festas da Virxe do Carme en Camariñas. E foron 3 alumnas do IES Pedra da Aguia as que deron o pregón, representando ao centro, escollido neste segundo ano como “Camariñáns de Honra 2019”, pola comisión de festas, a Asoc. Virxe do Carme. Helena, Érika e Jéssica, puxeron o broche de ouro a este curso e abriron as festas, nada menos que en 4 idiomas (castelán, galego, inglés e francés), acompañados duns vídeos explicativos do labor do centro. Todo un orgullo para a comunidade educativa da Ponte do Porto, como o orgullo de camariñáns que vai con elas alá onde vaian.

Alumnas do IES Pedra da Aguia

A Presidenta da Comisión, a ex deputada galega Marisol Soneira, destacou o traballo e a formación integral que se realiza desde o Instituto camariñán e fixo fincapé no labor que se fai desde o Centro, como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, de difundir o coñecemento das institucións comunitarias e a importancia das mesmas na vida e na sociedade camariñana, galega e española.

Esta distinción, que foi recollida pola directora do Instituto, Mariví Mouzo, é un reflexo do espírito europeísta que percorre todo o centro e que lle converteu en todo un referente na comarca. Os alumnos non só visitan as institucións da UE en Bruxelas, Estrasburgo, Luxemburgo ou Frankfurt, senón que tamén participan e gañan concursos europeos, á vez que se converten en perfectos anfitrións de eurodiputados e diferentes personalidades do mundo político, económico e cultural.

Responsables do IES Pedra da Aguia recollendo o encaixe como Camarinans do Ano

Hoxe, martes 16, é o día grande, o da Procesión Marítima, así que toca disfrutar de todo un programa de actividades que durará ata a fin de semana.

Novas relacionadas

Comentarios