Os peixes de cores toman o Museo Man de Camelle
A exposición ‘Peixes coloreando o ceo’, de Mónica Coto e Bataneiro, estará no Museo Man de Camelle ata o 4 de novembro. A mostra está formada por
creacións realizadas con pezas de madeira que os artistas rescatan do océano para comezar o seu traballo.
Os autores explican que “o sal e o Peixe forman parte do noso ADN”. Na obra de Mónica Coto queda patente nas súas esculturas de peixes fantásticos e coridos, do mesmo xeito que as súas pinturas de tintas surrealistas, vitais e oníricos con mensaxes positivas e que nos convidan a deleitarnos coa beleza da vida e do mundo. A obra escultórica de Bataneiro, figurativa e realista, amosa a outra faciana da moeda: a dureza da loita pola supervivencia, reflexada en peixes de madeira, metal ou ferro- cemento, exemplares vellos, curtidos pola vida nun mar bravo que pode ser un inferno e moitas veces tamén un paraíso.