Mércores. 26.02.2020
El tiempo

Pichurri apelará ao Tribunal Supremo a súa ratificada inhabilitación

Pichurri apelará ao Tribunal Supremo a súa ratificada inhabilitación
El alcalde en la goleta O alcalde de Camariñas, Pichurri, onte mesmo nunhas xornadas mariñeiras

Case ano e medio despois, a Audiencia Provincial ratifica a sentenza do Xulgado de Carballo, pola que condena a 4 anos de inhabilitación para calquera cargo ou emprego públiico ao aínda alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, “Pichurri”. A Audiencia desestimaba o pasado 18 de xuño o recuro de apelación presentado por Pichurri e confirma “integramente” a sentenza como autor dun delito de prevaricación administrativa adminitrativa continuado, ante a que non cabe recurso posible.

Ou si, como consideran dende o PSdG camariñán, que xa teñen listo o recurso de amparo ante o Tribunal Supremo, pero que “non está admitido a trámite porque en agosto está todo parado pero foi presentado en tempo e forma”, explican. “Todos lle deseamos o mellor a a Pichurri pero sexa cal sexa o final respetarnos a xustiza”, sinalan dende unha agrupación socialista volcada co seu alcalde, pois considera que “a actuación do alcalde nese momento foi de urxencia, por un problema puntual, contratando a un compañeiro de partido pero tamén a unha persoa válida que nun momento de inundacións nas rúas da vila fixo un gran traballo. Nin o alcalde nin o obreiro enriqueceron, de feito marchou para Suíza antes de ningunha denuncia”, sinalan.

Aproveitou o PSOE para cargar contra o PP, preguntándose se “un militante socialista non pode facturar ao concello pero sí pode facelo o candidato do PP en menús para a Mostra do Encaixe”.

A trama dos seguros, pendente

Esta non é a única causa xudicial do alcalde socialista. Aínda está pendente a suposta trama dos seguros municipais contratados a si mesmo por valor de 215.000 euros, pendente da emisión de resolución. Un asunto de 2009 que saltaba aos Xulgados en 2011 e que a propia UDEF ratificaba en 2016.

O PP: “Xa está tardando en presentar a súa dimisión”

Xa a pedíu en numerosas ocasións, e agora o portavoz, Mauricio Aufiero, volve esixir a dimisión do alcalde. Lembra que non cabe recurso contra a sentenza da Audiencia Provicial e subliña que o rexedor “debe cumprir a lei como calquera outro veciño”, e lle pide que “desokupe” a alcaldía tras confirmarse os 4 anos de inhabilitación por prevaricación.

Consideran que Pichurri está “totalmente incapacitado xudicial e moralmente para exercer como alcalde”, e acúsano de “manchar xa o suficiente o nome de Camariñas” durante o último ano e de ser un “mal exemplo” para os veciños ao non cumprir a lei.

O BNG esixe un pleno urxente

Non tardou tampouco o BNG en solicitar un pleno urxente para que o goberno municipal de Camariña releve ao alcalde, pedíndolle ao PSDG que “cumpra os seus propios códigos internos e aparte inmediatamente a Manuel Alonso da alcaldía “para non seguir prexudicando á xestión do concello e que poñan a quen teñan que pór no posto para pasar páxina e se empece a atender aos asuntos cotiás de Camariñas”, resume Carril.

Novas relacionadas

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/por-que-non-nos-importa-a-imputacion-dos-nosos-candidatos-a-alcaldia/

Fonte

comentarios