Venres. 23.08.2019
El tiempo

Pichurri presentou a súa dimisión

Pichurri presentou a súa dimisión
Pichurri presentando a sua dimision como alcalde de Camarinas Pichurri presentando a sua dimision como alcalde de Camariñas Pleno de dimision do alcalde de Camarinas Concorrido pleno de dimisión do alcalde de Camariñas

Apenas un día despois do respaldo da provincial, e unha semana despois de facerse pública a ratificación da súa inhabilitación de 4 anos, Manuel Valeriano Alonso “Pichurri”, presentou a súa dimisión como alcalde de Camariñas.

Arroupado por moitos alcaldes socialistas da comarca, un emocionado Pichurri presentaba a súa renuncia irrevocable como alcalde e alcalde nun concorrido pleno extraordinario. “Fágoo por responsabilidade para coa propia institución, e para coa miña formación política, e tamén para a tranquilidade da miña familia”, explicou.

En todo caso, Pichurri explicou que “esta renuncia non significa o recoñecemento de culpabilidade, se non todo o contrario. Con todo o respecto ás decisión xudiciais, fun condenado por un acto administrativo, que era perfectamente legal ata hai pouco tempo, e foi por unha emerxencia por unhas inundacións. Non me condenan por lucrarme do meu cargo como alcalde. Síntome inocente”.

Pichurri deixou claro que “nunca tiven apego aos cargos políticos”, a abandona un cargo que le desenvolveu durante case 12 anos, imbatido nas furnas.

Dende a agrupación local destacan que "se vai un alcalde con maiúsculas que xunto con Bautista escribiron a historia da nosa Agrupación. Abrese unha nova etapa onde seguiremos traballando coma sempre polo benestar e o progreso do Concello de Camariñas".
Do mesmo xeito, alcaldes como Félix Porto, Lalo Insua ou José Manuel Pequeño amosaron o seu apoio ao xa ex alcalde camariñán, destacando a súa labor pola Costa da Morte, e sinalando que a condena é excesiva para os feitos acontecidos.

Queda agora como "alcaldesa en substitución", Sandra Insua, que xa dirixiu o seu primeiro pleno para a probación dos orzamentos. Ademais, Rosana Barbeira entrou como concelleira ao ser a seguinte na lista. En 10 días, haberá un novo pleno para ratificar ao relevo.

Sandra Insua dirixiu o seu primeiro pleno como alcaldesa de Camarinas Sandra Insua dirixiu o seu primeiro pleno como alcaldesa de Camariñas

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-psdg-provincial-respalda-a-pichurri-que-liderara-os-pasos-a-dar-trala-sua-inhabilitacion/ https://quepasanacosta.gal/pichurri-apelara-ao-tribunal-supremo-a-sua-ratificada-inhabilitacion/

Máis novas

Comentarios