Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A pintora local Novais estrea expo no Museo Man de Camelle

Artista Novais no Museo Man de Camelle
A pintora local Novais estrea expo no Museo Man de Camelle

O Museo Man de Camelle acollerá durante todo o mes de xuño a exposición da pintora María Luisa Rojo Novais, artista nacida na Ponte do Porto, que bebe do expresionismo e impresionismo. A súa obra está chea de cores vibrantes e trazos fortes, o que fai que as súas pinturas parezan en constante movemento.

Á autora faille moita ilusión expoñer en Camelle, e máis no Museo Man, do que garda moi bos recordos de cando a traia seu pai a visitalo xunto cas súas irmáns. Ademais o museo parécelle perfecto para expoñer pola cantidade de luz que ten.

Comentarios