A Ponte do Porto acollerá en marzo a festa Ponte Friki

A Ponte do Porto (Camariñas) espera con curiosidade un evento cultural diferente. Poucas veces a comarca (lembramos con agarimo a Frikifesta de Vimianzo) acollera unha cita que reúne diversos motivos da “cultura friki”, como son a cultura japonesa, gaming, cosplay, o cómic… Pois a Asoc. PonteDisfraz, unha das comparsas do entroido da vila camariñá, quere romper con esta carencia e prepara xa xornada chamada “Ponte Friki”.
A fin de semana do 22 e 23 de marzo, a vila acollerá un evento completísimo, con artistas (moitos debuxantes) e artesáns de moitas partes de España e do estranxeiro, que traerán os seus postos para vender o seu arte. Haberá numerosas actividades de ocio nesta cita formulada para todas as idades “xa que consideramos que a palabra "Friki" engloba moitas cousas”.
Así nolo explica Cristina, unha das organizadoras que forma parte desta asociación de xente nova que “quere traer vida ás nosas vilas”. “Sabemos que hai moita demanda de este estilo, e animámonos a organizalo”, sinala fachendosa debullando un pouco como se perfila a xornada.
Concursos, xogos, photocall, obradoiros, charlas
Tamén haberá concursos de cosplay, unha modalidade onde se trata "disfrazarte" dunha personaxe de serie, pelicula, manga ou anime e representalo en vida real.
Tamén un concurso de baile Kpop, un xénero musical que está en auxe. E non faltarán diversos torneos xogos como FIFA, Fornite ou o Mario Kar, que tanto lle gustan á rapazada.
Haberá tamén diferentes actividades como escape room, photocall con personaxes de Star Wars, paintball, etc.
E para os que traian máis gañas de aprender, haberá talleres de Lego, de crear o teu sable de luz de StarWars, de escribir o teu nome en xaponñes e moitas cousas.
Haberá charlas de diversos temas, como charlar Vtubers, una nova modalidade de youtubers; ou unha charla para tomar nota sobre como facer un itinerario do teu viaxe a Xapón. Tamén participará algún youtuber da zona.
E tamén música
A entidade quere poñer tamén unha festa musiqueira, a PartyFriki, co concerto do grupo Freak Gzm, que está especializado en traer as cancións da infancia como Xabarín Club, gran parte en galego.
Entradas
O evento realizarase no polideportivo da Ponte do Porto de 11:00h a 20:00h os 22 e 23 de marzo.
As entradas costarán 3€ por un día, e 5€ polos 2 días.
A PartyFriki será con entrada gratuita o día 22 a partir das 21:00h.