Xoves. 24.09.2020
El tiempo

O porto de Camariñas, un pouco máis limpo gracias aos [email protected] de Mar de Fábula

Voluntari@s de Mar de Fábula co seu "botín"
[email protected] de Mar de Fábula co seu "botín"
O porto de Camariñas, un pouco máis limpo gracias aos [email protected] de Mar de Fábula

Na baixamar deste pasado domingo, 20 voluntarios incluídos 8 nenos, veciños de Camariñas, nun esforzo épico de traballo a man, durante 2 horas retiraron do mar, do porto e o seu paseo marítimo, un enorme volume de pesados cabos, redes soterradas no fango e podres de anos mergullados nas augas, neumáticos de coches, caixas de peixe e bigbags de materias de construcción. ferros, etc. etc. etc.

Ao mesmo tempo, unha parte dos pais acompañando aos nenos pequenos, apañaron o lixo plástico miúdo e non tan miúdo, todo ao longo da liña de marea, baixo a rúa de entrada á vila.

Os numerosos curiosos que observaban este traballo dende o paseo marítimo puideron comprobar como a ribeira de Camariñas quedaba libre de contaminación tóxica e visual do lixo plástico por mor da decidida actitude deste grupo de veciños, que deron exemplo de responsabilidade e concienciación ambiental de cara á limpeza e coidado da súa casa común: o seu mar.

Impecable acción medioambiental, tan efectiva no mar como nas cabezas do que o viviron.

Exif_JPEG_420

Novas relacionadas

comentarios