Sábado. 08.08.2020
El tiempo

A invasión do coronavirus e das criaturas caóticas

Imaxe das Criaturas Caóticas de Mar de Fábula
Imaxe das Criaturas Caóticas de Mar de Fábula
A invasión do coronavirus e das criaturas caóticas

As criaturas caóticas son as protagonistas da fábula do mesmo nome. Son animais de plástico que están a xurdir do fondo dos océanos. Forman marabuntas de millóns de individuos que, aboiando na superficie, deixanse levar polas correntes mariñas, espállándose polas costas dos cinco continentes, invadindo a terra firme polas praias, polos coídos, subindo polos acantilados…

Recluído neste tempo de confinamento, fabricando en serie arañas e formigas, deixo a imaxinación voar e fágome unha pregunta..... porqué non pode esta fábula tornarse realidade .? Quén podía prever, hai pouco máis dun mes, que o mundo ía parar de súpeto pola invasión dun virus, un inimigo invisible de múltiples caras que nos ten fechados nas casas baixo ameaza de contaxio e morte ?

Que son as criaturas caóticas se non múltiples caras doutro inimigo invisible, os nanoplásticos, que cubren o fondo do mar baixo o Gran Parche de Lixo do Pacífico Norte e do Mar dos Arghassos no Atlántico?

Ambos os dous mounstruos reflicten a degradación ambiental do planeta. O coronavirus, pola destrucción dos ecosistemas terrestres. As criaturas caóticas polo envelenamento dos océanos con millóns de toneladas de lixo plástico.

No ano 2013 leín o libro “Moby Duck”, unha entretida e inquietante historia (moi recomendable para este tempo de clausura), escrita polo periodista neoiorkino Donovan Hohn, onde relata a súa viaxe de máis de dous anos polas costas de Alaska na procura dalgún dos 28.800 patiños de plástico verquidos ao mar, ao sur das illas Aleutianas, despois de que o portacontainers “Ever Laurel”, no 10 de xaneiro do ano 1992, no medio dun forte temporal, perdera unha chea de containers da cuberta. Todos os containers transportaban obxectos de plástico e xoguetes da gran fábrica china con destino EE.UU. Entre eles ían estos milleiros de parrulos de cor marela. A súa procura, foi a obsesión durante moitos anos de océanagros, climatólogos, beachcombers, ambientalistas e tolos, incluído o propio autor.

Cito este parágrafo do libro… “ A diferencia entre os antónimos “sintético” e “natural” é unha delgada liña difusa. Todo é química. Incluso a auga, nós, os plásticos, toda criatura vivinte, grande ou pequena, está baseada no carbono e polo tanto é “orgánica”. Na miña opinión, a única diferencia siñificativa entre o sintético e o natural é mais filosófica que química…”

Porqué non vai ser posible que os detritos plásticos, compostos de carbono coma nós, non podan tomar vida baixo a forza xeratriz do caos que reina no fondo dos océanos?

E que acaso, nesta sociedade hipertecnolóxica na que íamos coma motos até que, de súpeto, dímonos de fociños contra un virus, non se fabricaban xa robots humanoides que realizan múltiples tarefas e son capaces de pensar, incluso máis que algún humano?

Este pasado 6 de marzo publicouse en diferentes medios que científicos ingleses da universidade de Newcastle dsecubriron unha nova especie mariña, un anfípodo, un pequeno crustáceo de apenas 3 cms, a 7.000 metros de profundidade, baixo o Gran Parche de Lixo do Pacífico Norte. Puxéronlle de nome Eurythenes Plasticus. Tiña microfibras textis no seu estómago. Foi só por iso que lle puxeron este nome?... Non sería que…?

Todo é posible nesta película de terror na que vivimos mergullados en sesión contínua de vintecatro horas, semana tras semana, Somos actores secundarios, extras para facer vulto, e ás veces, no cruel azar da ruleta, tócanos saír da escena.

 

Artigos de opinión sobre o coronavirus

Artigos de Xosé Manuel Barros

comentarios