Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Portos segue sen solucionar os problemas da ponte da dársena do Porto de Camariñas

Ponte da darsena pechada do Porto de Camarinas
A Ponte da darsena do Porto de Camariñas segue pechada
Portos segue sen solucionar os problemas da ponte da dársena do Porto de Camariñas

Portos s

O pasado mes de novembro Portos de Galicia comprometíase a tomar parte nos problemas da situación da ponte da dársena do porto de Camariñas, segue pechada. O Concello camariñán ten feito un informe que considera que o problema é derivado dunha deficiencia estrutural, mentres a entidade autonómica aseguráballe ao concello que ía facer outro para corroborar esa tese e contemplar alternativas para a súa situación.

Pero a cousa segue sen movemento algún. De aí que a alcaldesa Sandra Ínsua, lamente “a deixadez de Portos de Galicia repecto ao porto de Camariñas e concretamente na pasarela de madeira para os vehículos e os paneis laterais de cristal da pasarela peonil da Dársena que están en mal estado”. “O Concello cumpriu o acordo chegado con Portos para arranxar a pasarela de madeira, pero Portos o incumpriu ao non amañar os paneis de cristal”, explica.

Comentarios