Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Preocupación en Camariñas ante o auxe dos casos vinculados coas drogas

cemiterio pintadas drogas
A vila aparece con pintadas
Preocupación en Camariñas ante o auxe dos casos vinculados coas drogas

A interceptación dun barco con 1.3000kg de cocaína no porto de Camariñas está levantando cicatrices na vila.

Hoxe é o BNG o que amosa a súa preocupación ante a situación ante o “empeoramento” dos temas de drogas, considerando que “o Concello de Camariñas non debería mirar para outro lado e ten que empezar a tomar cartas no asunto. Entendemos que a problemática non é sinxela, pois abordar isto ten frontes múltiples e complexos mais teñen que ser abordados dende unha perspectiva integral”.

Lembran, ademais que “os problemas de xogo e ludopatía, e casos de violencia de todo tipo especialmente contra as mulleres, pelexas nas nosas festas e roubos son todo problemas ligados as drogadiccións”.
“Precisamos elaborar un plan de prevención de consumo, un plan de mellora da seguridade, conxunto coas forzas de seguridade e un plan serio de axuda as persoas que o precisen. Así mesmo un plan de limpeza para evitar que moitas zonas deixen de parecer barrios baixos”, engaden.

Piden así, que “o concello aborde esta problemática dende a dinamización socio-cultural a revitalización das nosas vilas e tratar de saír desta espiral que só nos conducirá a ser periferia”. “Non queremos ser o Rabo de Peixe (unha vila portuguesa coñecida por ser arrasada polas drogas) de Galiza, a nosa comarca pode e debe ser referente en centos de cousas, mais tristemente somos coñecidos pola máis fea. As drogas”.

Comentarios