Interceptan un pesqueiro en Camariñas con 1.300 quilos de cocaína
Importante operativo contra o narcotráfico en Camariñas. Uns 1.300 quilos de cocaína, en 45 faros, foron incautados nun pesqueiro no porto de Camariñas, o Nuevo Furuno, que ten base en Camelle.
A incautación tivo lugar o pasado mércores gracias á participación do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco), da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional, así como de Vixilancia Aduaneira.
Os axentes interceptaron o barco na contorna do porto de Santa Mariña sobre as 20.00 do mércores e procederon á detención dun home.
Fontes do sector aseguran que a embarcación leva meses simulando saír a pescar, e que pode que xa descargaran máis material en planeadoras. A embarcación foi propiedade dunha familia camellá pero foi vendida hai uns meses a xente das Rías Baixas.
Está previsto que pase este venres a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión, en funcións de garda.