domingo. 15.06.2025
El tiempo

Preocupación polo sector conserveiro costeiro

Preocupación polo sector conserveiro costeiro
Ana Miranda e Daniel Rodas con Andrés Cerdeiras en Industrias Cerdeimar

Arrincou a campaña de achegamento aos sectores produtivos do BNG "Camariñas Encaixa o futuro". A pasada semana, a Eurodiputada do BNG, Ana Miranda e Daniel Rodas Diputado Autonómico do BNG para asuntos de pesca visitaron a Industria Conserveira de Camariñas. Unha campaña que pretende apoiar e revitalizar os sectores productivos.

A primeira visita foi á conserveira Cerdeimar, pioneira empresa costeira que xera unha meirande postos de traballo no concello e emprega a unha boa parte de mulleres da nosa localidade. Os deputados compartiron co xerente Andrés Cerdeiras a preocupación pola situación que está atravesando o sector que conta con unha lixeira caida na produción como consecuencia de menor número de ventas no mercado interior como consecuencia da caída da demanda.

Valoraron ademais na súa medida a "amenaza asiática". O acordo de libre comercio entre a UE-Tailandia eliminaría os aranceis que gravan a importación e ameazaría fortemente o futuro do sector na Galiza, ademais Tailandia produce a baixo coste e non está suxeita ao cumprimento en materia medioambiental, sanitaria e laboral.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios