Martes. 01.12.2020
El tiempo

Primeiro paso para a 2ª fase da reforma da fachada marítima de Area da Vila

Plano do paseo Area da Vila de Camariñas
Plano do paseo Area da Vila de Camariñas
Primeiro paso para a 2ª fase da reforma da fachada marítima de Area da Vila

Axudar na protección das vivendas da zona da Area da Vila que tanto sobre pola erosión provocada polos factores climáticos, é un dos obxectivos da 2ª fase da fase de remodelación da fachada marítima do paseo da Area da Vila, na zona da Puntar da Carnicería, coa axuda do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

Así os traballos completaranse coa primeira fase do proxecto, que vai desde a Punta da Carnicería ata a rúa Vulcano e que se acometerá por parte do Concello de Camariñas con fondos do Plan Único da Deputación da Coruña.

Comercio local

Recadación AECC Camarinas
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, estivo presente na entrega dos fondos por parte de Paula Iglesias Tedín, impulsora desta acción solidaria e propietaria da tenda D’Pau, á presidenta da AECC, Pilar Insua; e Diana Castro Tajes, que forma parte da directiva da asociación e é propietaria da tenda Chuchelandia.

O comercio local de Camariñas recadou 380 euros para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), unha iniciativa desenvolvida polo Día Contra o Cancro de Mama que contou coa colaboración do Concello.

Cada un destes establecementos adheridos aportou 20 euros e venderon máscaras solidarias: Ricardo Más (Camariñas), Moda Guillermina (Ponte do Porto), Óptica O Faro (Camariñas), Panadería Perla (Camelle), Moda Azucena (Camariñas), Encaixes Gelina (Camariñas), Peluquería Animor (Camariñas), Floristeria Alecrín (Xaviña), Bar Pillo (Arou), Encaixes Montse Freire (Camariñas), Librería Ler (Ponte do Porto), Peluquería Fátima (Arou), Oreiro Moda (Camariñas), O rincón de Chus (Camariñas), d'Pauu (Camariñas), Calzados Silvia (Camariñas), Kerubín Moda Infantil (Camariñas), Sofi_Lin (Camariñas), Confecciones Elsa (Ponte do Porto).

comentarios