Domingo. 23.02.2020
El tiempo

Rafael Lema segue levando a súa Crónica Marítima pola Costa da Morte

Rafael Lema segue levando a súa Crónica Marítima pola Costa da Morte
Rafael Lema presentou en Cances o seu libro Cronica Maritima da Costa da Morte Rafael Lema presentou en Cances o seu libro Cronica Maritima da Costa da Morte

Nova presentación do libro "Costa da Morte, crónica marítima" a que realizaba o autor costeiro Rafael Lema a pasada noite do venres no centro social de Cances en Carballo. O acto, organizado pola asociación cultural San Campio de Cances, contou coa intervención do autor, que estreou a denominación de “Cabaleiro da Áncora de Prata da Real Liga Naval Española”. Un Lema que foi presentado polo filólogo malpicán Xosé Manuel Varela. A intervención durou dúas horas xa que o público estivo moi participativo na sesión de preguntas.

O autor analizou a importancia do mar na vida social e económica da Costa da Morte e a achega de Bergantiños, especialmente das parroquias de Carballo como Cances, nos tráficos por vía mariña, destacando que a comarca fora nas etapas medieval, moderna e contemporánea o celeiro das provincias da Coruña e Santiago, ou aportando datos sobre as compras de cereales nestas parroquias para as armadas das especies ou as flotas españolas fornezas na Coruña ou Ferrol.

Tamén destacou o autor a existencia do maior número de arrieros da zona nestas parroquias, necesarios para levar os tráficos portuarios ao interior do país.

Rafael Lema e Xose Manuel Varela Rafael Lema e Xose Manuel Varela

Vindeira cita, en Ribeira

Outro acto de acceso libre será o 15 de xuño ás 20,00 h, Centro cultural Lustres Rivas de Ribeira, A Coruña en colaboración co concello local. Coa presenza do autor, o alcalde de Ribeira e o técnico municipal de cultura.
A obra editada polo GALP de 371 páxinas con 135 fotos, recolle crónicas da historia do comercio marítimo da cara occidental da costa coruñesa e a influencia do mar na actividade socioeconómica na zona comprendida entre Caion e Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios