Rafael Lema leva a Italia o Camiño milenario ao Finisterre galego nun libro


Este home non para. O escritor da Ponte do Porto, Rafael Lema acaba de publicar en Italia “A vía pagana a Compostela”, xunto á escritora e chamana italiana Devana. Esta obra en italiano da editorial Anguana Edizione de Vicenza será presentada polos seus autores en maio en Milán, Varese e Bodio Lomnago.
O libro recolle unha viaxe de Compostela a Muxía dos autores e a chamana madrileña Teresa Ramos en 2012, pero Rafael Lema aproveita para inserir na crónica do percorrido o seu estudo dos camiños precristianos que viñan do leste de Europa a Galicia, os antecedentes da vía xacobea, o que o chama “o milenario camiño a Finisterre”. E así mesmo o escritor estuda como naceu o mito xacobeo, a inventio e a translatio, e os seus antecedentes.
Este tema xa o explorou o autor nun libro anterior, “O Camiño Secreto de Santiago”. Así explica Lema que ”aínda que o camiño xacobeo se basea nunha falsificación histórica, na apropiación dunhas lendas e unha ruta precristiana, este libro reforza o valor e singularidade de Compostela como ombligo de Europa, desde puntos de vista que van mais alá da relixión”. Así di Lema que a obra non é unha crítica ao actual camiño senón unha incorporación de novas fontes para a súa reinterpretación e enriquecimiento, “para que siga chegando e engrandecendo outros mil anos”.
O autor fala de pobos do leste que camiñaron fai varios miles de anos ao oeste, ao Finisterre, en busca do berce dos seus deuses e mitos. Seguiron a ruta do sol e da estrela do oeste. Para outros pobos, coñecedores de saberes astrales e cun rico mundo de mitos e divinidades, no ceo había un espinazo de estrelas que ao final da terra afundíase nun gran lago. Era o mar occidental, ao que partían en naves as almas dos mortos desde promontorios divinizados que entraban nas augas como grandes monstros mariños. Mais alá, plus ultra, existían illas fantásticas, ás que máis tarde chamaron o edén, o paraíso. Mitoloxía, lingüística, arqueología, crónicas, e a xenética no estudo da orixe das poboacións serven para atopar o rastro destes caminantes milenarios.
Mitos gaélicos
”As marchas dos primeiros humanos europeos trazaban esta ruta, do leste ao oeste, á sombra da Vía Láctea. Pero as evidencias m¡áis claras apuntan a unha flecha que parte das estepas rusas e ucranianas cara a Galicia. Fai 8.000, fai 4.500 anos, e seguiron lanzando oleadas migratorias. Cultura e xenes confirman este lazo umbilical durante milenios. É a ruta de Galitzia a Galicia” indica Lema.
Ao oeste de Iberia achegáronse igualmente pobos como os celtas nerios nunha ver sacrum, primavera sagrada, ou gran marcha de peregrinación. O camiño gaélico do deus Lugh, da Oca, terminaba nos finisterres de Bretaña e Galicia. “Porque os citados caminantes milenarios non eran invasores, deixaron a súa pegada xenética e o seu pouso cultural, pero a súa longa ruta gardaba outros obxectivos, buscaban a fonte dos seus deuses e os seus mitos” di o autor.
Así no libro de informa dunha serie de mitos e tradicións encadenadas, como que a tan xacobea Vía Láctea vinculábase con Herakles-Hércules e Hera-Juno na tradición greco-latina. Pero podía ser un río ou un camiño para outros pobos. Para os viquingos era un camiño que levaba ao Valhalla, destino das almas dos mortos; para os celtas a ruta dirixíase ao castelo da raíña das hadas.
Toda a historia precristiana do Camiño Xacobeo, xa en italiano.
Novas relacionadas
- A novela sobre U-49 de Rafael Lema representará a Galicia un congreso luso-galaico.
- A Costa da Morte non esquece o Serpent.
- Investigadores europeos destacan a riqueza dos pecios da Costa da Morte.
- Os alumnos de Cee coñecen de preto a Costa dos mil naufraxios.
- Rafael Lema comezou no Mosteiro de Ozón a súa promoción do novo Catálogo de Naufraxios.
- Rafael Lema e Concha Blanco, dos costeiros para un curso da USC en clave feminina.
- Ribeira toma nota dos naufraxios da Costa da Morte con Rafael Lema.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio, medalla ao mérito cultural polos seus submariños traballos arqueolóxicos.
- O Catálogo de Naufraxios de Rafael Lema será publicado pola Deputación.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio reciben a Medalla ao Mérito Cultural.
- Rafael Lema presentou os seus soños e naufraxios en Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).