Rafael Lema xa ten a Cruz de Prata da Real Liga Naval Española
Xa a ten. O escritor, investigador e divulgador histórico-marítimo Rafael Lema, da Ponte do Porto, recibía esta fin de semana en Madrid a súa medalla de prata como Cabaleiro da Áncora de Prata da Real Liga Naval Española.
Lema, xunto a outros 14 activistas na defensa do mundo do mar de toda España foron condecorados. Entre eles, outro galego galardonado foi Víctor Otero Prol, do Grove. Ambos estiveron acompañados polo delegado en galicia da RLNE José Manuel Pato, de Laxe.
O delegado na Costa da Morte desta centenaria asociación de promoción marítima disfrutou da cea anual de gala de Hermandad Marítima con asistencia de representantes das cinco mariñas que forman parte da entidade e autoridades civís e militares. Como expresa no acta da reunión leida polo presidente da RLNE don Juan Díaz Cano, prémiase a Rafael Lema "en recoñecemento ao labor de apoio á nosa institución na Coruña", polo seu cinco anos como delegado provincial, colaborando nunha ducia de actos anuais da entidade, e polos seus traballos de investigación naval, como a súa última obra "Costa dá Morte, crónica marítima", editada polo GALP Costa da Morte e que segue o seu ciclo de presentacións por toda Galicia.
Máis presentacións
Precisamente a obra segue percorrendo a bisbarra e será presentada en Fisterra o sábado 24 de xuño ás 18,00 horas no aula da cofradía de pescadores, nun acto organizado pola asociación de veciños Finisterre.
Novas relacionadas
- Rafael Lema segue levando a súa Crónica Marítima pola Costa da Morte.
- Rafael Lema, Cabaleiro da Áncora de Prata da Real Liga Naval Española.
- Rafael Lema presenta en Ponteceso o seu libro “Costa da Morte. Crónica Marítima”.
- Rafael Lema espalla a Vía Pagana do Camiño por Italia.
- Rafael Lema leva a Italia o Camiño milenario ao Finisterre galego nun libro.
- A novela sobre U-49 de Rafael Lema representará a Galicia un congreso luso-galaico.
- A Costa da Morte non esquece o Serpent.
- Investigadores europeos destacan a riqueza dos pecios da Costa da Morte.
- Os alumnos de Cee coñecen de preto a Costa dos mil naufraxios.
- Rafael Lema comezou no Mosteiro de Ozón a súa promoción do novo Catálogo de Naufraxios.
- Rafael Lema e Concha Blanco, dos costeiros para un curso da USC en clave feminina.
- Ribeira toma nota dos naufraxios da Costa da Morte con Rafael Lema.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio, medalla ao mérito cultural polos seus submariños traballos arqueolóxicos.
- O Catálogo de Naufraxios de Rafael Lema será publicado pola Deputación.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio reciben a Medalla ao Mérito Cultural.
- Rafael Lema presentou os seus soños e naufraxios en Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).