Martes. 16.04.2024
El tiempo

O son dos palillos dá a benvida á XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas

Desenos de Sara Lage na inauguracion da Mostra do Encaixe
Deseños de Sara Lage no desfile inaugural da Mostra do Encaixe
O son dos palillos dá a benvida á XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas

Sen dúbida, un dos focos de atracción cada ano na Semana Santa está en Camariñas. Así o ratifica a presencia de 1.200 persoas que quixeron achegarse á xornada inaugural da XXIX Mostra do Encaixe. Quedan 4 días de completa actividade, nesta demostración de que a tradición pode convertirse na máis vangardista das modas, gracias á capacidade de reinventarse e gracias á paciencia das grandes protagonistas deste evento que levan tecendo fío a fío con paciencia durante estes 29 anos de feira.

Numerosas autoridades na Mostra do EncaixeJavier Losada na inauguracion da Mostra de Encaixe de Camarinas

O elenco de personalidades dá conta da relevancia do acto a nivel institucional, pois coa alcaldesa Sandra insua como anfitriona, non quixeron faltar dende o delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, o conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde, o deputado da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño, a subdelegada do Goberno, Pilar López Rioboo, e outras autoridades presentes como a Directora de Turismo da Xunta, Nava Castro, que foron os encargados de cortar a cinta de encaixe que, simbolicamente, serve de pistoletazo de saída á Mostra.

A alcaldesa focalizou o discurso en clave feminina, e na importancia que teñen as mulleres nestes 29 anos de Mostra. Ademais, quixo lembrar a recente traxedia de Notre Dame, en deferencia coa delegación francesa presente na Mostra, “como unha medida da fraxilidade do que aquí mesmo defendemos desde hai 29 anos, a fraxilidade do que damos por sentado e que cremos que nunca vai desaparecer”.

En representación da Deputación da Coruña, o deputado e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, destacou que “o encaixe non é só artesanía e moda, tamén é economía, e non se entende Camariñas sen a Mostra do Encaixe nin a Semana Santa sen esta feira”.

Javier Losada comezou invitando á alcaldesa deste Concello a traballar xuntos para conseguir que esta festa sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional: “anímote a que palillemos Concello e Goberno, como fan as mulleres de Camariñas, con serenidade e bo ritmo, para que máis cedo que tarde celebremos que Camariñas tamén ten a súa Festa de Interese Turístico Nacional”. Tamén aproveitou para destacar a labor das palilleiras, que “son un exemplo de forza e vontade para todo España e facedes que o nome de Camariñas sexa coñecido en todo o mundo”.
O delegado lembrou especialmente á Raquel Moreira, directora do Museo do Encaixe, e a María Virtudes Rodríguez, presidenta da Asociación Rendas, “dúas mulleres que exemplifican o traballo ben feito”, engadiu.

Francisco Conde aportou cifras, lembrando que o sector artesán galego traballan hoxe máis de 5.000 persoas, con 635 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía.

Desfiles

Kimonos de Noriko na Mostra do Encaixe

Os discursos deron pase ao desfile inaugural no que participaron un total de 10 firmas da categoría de ‘Grandes Deseñadores’: Amaya Fernández, Ana Cabranes, Claudina Mata, Dolores Cortés, Edith del Valle, Esteban Freiría, Lalacó Atelier, Sara Lage, Twin and Chic e Noriko Hashizume.

Ao remate do desfile foi a quenda para o 'Pequeencaixe'. As 50 nenas e nenos das Escolas Municipais crean o seu propio encaixe durante todo o curso para posteriormente deseñar os vestidos e desfilar na Mostra, completando o ciclo do encaixe, pois foron palilleiras, deseñadoras e modelos!

Pequeencaxe co TwinChic na Mostra

Torneo Infantil de Xadrez Mostra do Encaixe de Camariñas

Este sábado terá lugar lugar, a partir das 16:00h o I Torneo Infantil de Xadrez Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará na aula de formación da Cofradía de Camariñas, na zona do porto pesqueiro. A partir das 12,00 h. impartirá unha clase maxistral aos membros do equipo do Xadrez Náutico Camariñas o Maestro FIDE Oscar de Prado Rodríguez ademáis de ser o director e un dos árbitros do Torneo.

Novas relacionadas

Comentarios