A reposteira Silvina Muñoz, premiada como emprendedora rural

@Algareira é o nome da marca de Silvina Muñoz. Esta reposteira arxentina leva moitos anos na Costa da Morte, entre Camariñas, o seu campamento base, e Vimianzo. Fai uns postres, uns bizcochos, unhas bolachas… que fai tremer a calquera; e unha valentía que a leva a mesturar mesmo mar e chocolate, ou a meterse en todo certame que haia.
Esta semana é a aúnica representante galega no congreso de Madrid que reuniu a máis de 300 mulleres rurais emprendedoras de toda España. Alí, Algareira, recibiu unha das bolsas Ruraltivity, un recoñecemento patrocinado pola Fundación PepsiCo e través do cal 10 emprendedoras rurais accederán a unha axuda directa de 5.000 euros para impulsar os seus proxectos.
Algareira é un obradoiro de repostería innovador asentado en Vimianzo que usa produtos mariños, ecolóxicos e sostibles, para as súas exquisitas creacións gastronómicas. Ademais, converteuse nun referente na economía circular por utilizar produtos das hortas da comarca que tamén son xestionadas por outras empresarias.
