A repotenciación do parque eólico do Vilán abre o debate sobre a súa liberación
En breve, os 23 vellos viraventos do entorno do Cabo Vilán serán repostos por tan só 3 de última xeneración. Son uns dos aereoxenerados máis antigos de Galicia e producen 3,9 Mw, mentres que os 3 muíños prantexados crearán nada menos que 4,2 Mw. De aí o proxecto de repotenciamento do parque eólico presentado por GN-Fenosa.
Un proxecto que devolve ao debate a problemática pola industrialización de espazos naturais protexidos. A zona, incluída na Rede Natura, e preto dunha Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) (como o arao, o corvo mariño cristado e a gaivota tridáctila) acolle dende hai moitos anos un parque eólico e unha macro piscifactoría, sendo un dos exemplos máis utilizados polos colectivos medioambientalistas contra o desenvolvemento insustentable.
Neste caso, e se ben consideran que "o repotenciamento é unha boa medida para diminuir os impactos dalgúns parques", Adega propón directamente "o seu desmantelamento, trasladando os megawatios repotenciados a outro parque, para deste xeito liberar cabo Vilán e reparar un erro histórico".
Entrementres, semella que non temos aprendido deste erro histórico, que ademais parece non imos reparar. Pero daquela faremos o propio en Touriñán?.
Novas relacionadas
- ADEGA denuncia buracos na Rede Natura para eólicos, piscifactorías e canteiras.
- A Costa da Morte ve triplicada a súa inútil Rede Natura.
- Touriñán queda desprotexido contra a invasión piscícola.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- Unha cicatriz irreparable na Devesa do Anllares.